Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

FalaRedes cos Bolechas

O programa de actividades para familias e escolares percorre os concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Dende a dereita, Valentín García, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e Tomás Valín, de Bolanda Edicións.

Dende a dereita, Valentín García, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e Tomás Valín, de Bolanda Edicións.

A sexta edición do programa de dinamización lingüística ´FalaRedes´ retoma as súas propostas e faino cunha nova actividade familiar e participativa protagonizada pola familia animada máis famosa de Galicia, Os Bolechas. O secretario xeral, Valentín García, presentou en Moraña a nova actividade ´Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas´, onde comenzou a xira que a levará en exclusiva a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta.

O responsable de Política Lingüística sinalou que se trata dunha actividade "especificamente pensada para familias novas con cativada dos catro aos dez anos, para quen os coñecidos bonecos son referentes galegofalantes cos que ano a ano tentamos chegar con temáticas e propostas diversas pero sempre atractivas co obxectivo de animalos a participar, a socializar e a desenvolverse en galego en todos os ámbitos da vida". Acompañárono na presentación a alcaldesa, Luisa Piñeiro, e mais un dos responsables de Bolanda Edicións, Tomás Valín.

O espectáculo ata o 5 de novembro, chegará a Moraña, Sober, Castrelo de Miño, Barro, Caldas de Reis, Castro Caldelas, Triacastela, Quiroga, Rianxo (en colaboración coa Mancomunidade Ría de Arousa Zona Norte), Pazos de Borbén, A Bola, Frades (en colaboración coa Mancomunidade da Comarca de Ordes), Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove.

Os Bolechas

Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita co programa de dinamización lingüística ´FalaRedes´. Aquí chegan, un ano máis, para percorreren este outono 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística cunha actividade familiar e participativa.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións€ todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para ´FalaRedes´ a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

Trátase da cuarta proposta de dinamización lingüística que chega á RDL en exclusiva da man dos Bolechas, que xa levaron as actividades ´Os Bolechas na máquina do tempo´ , ´Os Bolechas e o sabichón´ e mais ´Os Bolechas van ás Olimpíadas´ en edicións anteriores do ´FalaRedes´.

´FalaRedes 2017´

A sexta edición do programa de dinamización lingüística ´FalaRedes´ mantén os obxectivos das anteriores de ofrecer propostas de lecer de calidade en galego para todas as idades e de promover, con elas, o uso e mais a valoración positiva da lingua.

Ata finais de ano, as actividades do ´FalaRedes´ están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións.

Compartir el artículo

stats