Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El aula ambiental de Aqualia

Las instalaciones de la concesionaria del abastecimiento se abren a las visitas de alumnos de los colegios de Vigo y su área

Charla sobre o ciclo da auga. FdV

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañou a un grupo de 25 escolares do colexio San José de La Guía na xornada de portas abertas que Aqualia realiza con distintos centros docentes da cidade. Trátase dunha iniciativa que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo realiza co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral do auga e poñer en valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga. "Cada ano recibimos máis alumnos e as valoracións por parte dos profesores son mellores. Os colexios repiten e traen aos escolares a Aqualia como parte da súa actividade docente e nós estamos encantados de poder colaborar na formación dos nenos. Para Aqualia é moi importante este tipo de iniciativas que teñen o obxectivo de fomentar actitudes responsables e sustentables respecto á auga", asegura José María Ardoy, director de Aqualia Vigo.

Gran acollida

Durante o curso escolar anterior, máis de 1.000 alumnos de distintos colexios da cidade visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aqualia. Un milleiro de escolares é a cifra media que Aqualia recibe ao ano desde o curso 2012 e a gran acollida por parte dos centros docentes posibilita a posta en marcha de accións de mellora. A valoración xeral das visitas do ano pasado (de 0 a 10) foi de 8,6, unha puntuación lixeiramente superior á valoración do exercicio anterior que foi de 8,3.

Aqualia é a empresa de xestión do auga de FCC, un dos grupos de servizos cidadáns líderes en Europa.

Compartir el artículo

stats