Buzón de dudas y respuestas

Educación emocional

Me gustaría conocer la opinión de algún docente sobre este tema. ¿La llamada educación emocional debe ser una materia o un contenido transversal?

“Dende a miña perspectiva e logo duns anos provomendo no centro o traballo na educación emocional dende diferentes perspectivas son partidario dunha dobre vía que integra as dúas opcións que a pregunta baralla:

  1. En primeiro lugar, e co obxectivo de que todo o profesorado vaia progresivamente coñecendo a importancia da educación ou intelixencia emocional para o alumnado (e tamén para o propio profesorado), son partidario de sistematizar nos centros educativos a organización de espazos e tempos onde se poida ir traballando a intelixencia emocional co alumnado e tamén entre o profesorado: recoñecemento emocional, verbalización, xestión, reflexión, vivenciación, expresión... Este feito axudará a que o profesorado sinta a necesidade de formarse para integrar nas súas programacións de aula un traballo específico para un tempo e espazo determinado no seu propio horario.
  2. Logo, e pasados tal vez uns cursos, será necesario realizar unha avaliación por parte do equipo directivo ou do claustro (que tamén deberá integran nos Plans de Formación sesións formativas arredor da Educación Emocional) na que sería interesante coñecer o nivel de desenvolvemento da iniciativa anterior. No caso de comprobar que xa todo o profesorado, o alumnado e ata as familias son conscientes da importancia da educación emocional para o desenvolvemento integral das persoas, poderiamos integralo dun xeito transversal no día a día das aulas co traballo no alumnado e no centro entre o propio profesorado e resto de comunidade educativa.
  3. Esta última sería a situación ideal pero ten que vir acompañada dun traballo previo de formación, sensibilización, aplicación e avaliación. Somos algo máis que contidos curriculares e como persoas a globalidade do noso ser esixe que nas escolas tamén se atenda ás verdadeiras necesidades dos nenos e nenas. A educación emocional é, sen dúbida, unha das realidades que maior efectos ten na formación da personalidade das persoas e, polo tanto, os centros educativos deben introducir na súa organización e funcionamento tempos, espacios, roles, métodos, iniciativas... que traballen dun xeito ben planificado a Educación Emocional.

- Javier García, director e docente

Tracking Pixel Contents