Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CUESTIONARIO CSIC

Que nos pode contar o ADN dos animais mariños?

Daniel García desenvolve a súa liña de investigación estudando o paso do tempo e o impacto da humanidade nos nosos veciños dos fondos mariños

Daniel García, investigador científico do Instituto Investigación Marinas do CSIC Galicia.

Daniel García, investigador científico do Instituto Investigación Marinas do CSIC Galicia. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

CSIC*

Cando eu ía á escola...

De neno, en Marín, medrei moi preto do mar. A Ría de Pontevedra foi o meu parque de xogos: as praias, as rochas e os pequenos animais mariños espertábanme unha curiosidade infinita. Preguntábame por que hai tantas formas distintas de vida no mar e como poden sobrevivir en condicións tan cambiantes, coas mareas, o frío e o calor.

O meu camiño na ciencia

Co tempo decidín estudiar Bioloxía. Na Universidade de Vigo comecei investigar o «manual de instrucións· da vida: o ADN. Máis tarde traballei con moluscos mariños,moi importantes para o marisqueo e a acuicultura. Viaxei a outros países e collín experiencia en laboratorios para estudar os seus xenomas.

Agora, no IIM-CSIC, estudo ADN de salmóns que viviron hai milleiros de anos. A miña idea sempre foi a mesma: entender como a vida se adapta ao medio mariño e como cambia ao longo do tempo.

O meu agasallo: unha curiosidade

No IIM-CSIC estudamos ADN de salmóns moi antigos, achados en covas do norte da Península Ibérica, onde viviron os neandertais. Comparando ese ADN co dos salmóns actuais vemos que, co paso do tempo e pola acción humana, foron cambian moito. Así, podemos viaxar ao pasado sen saír do laboratorio e entender como eran antes estes peixes, para axudar a conservalos no presente.

As aulas preguntan. O CSIC responde

Alumnos e alumnas do Colexio Montesol de Vigo, pertencentes ás clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, quixeron trasladarlle ao investigador unha serie de dúbidas sobre o seu traballo. Aseguramos que non deixaron nada no tinteiro!

O alumnado do Colegio Montesol preparando as preguntas para Daniel García.

O alumnado do Colegio Montesol preparando as preguntas para Daniel García. / FdV

CLASE DE 3ºEP

Que é o que máis che sorprendeu da túa investigación sobre o cancro nos animais?

Sorprendeume descubrir que, a pesar das diferenzas entre especies, os mecanismos celulares do cancro son moi semellantes.

Houbo algunha evolución significativa dalgunha das especies que investigas?

Si. No salmón atlántico observouse nos últimos anos un forte descenso das poboacións, o que está a provocar importantes cambios xenéticos nelas.

CLASE DE 4ºEP

Como te fixeches investigador e por que?

Sempre tiven curiosidade por entender como funciona a natureza e a saúde dos animais. A investigación permitiume converter esa curiosidade no meu traballo.

Cal é o ADN máis estraño que atopaches no mar? E cal era a súa procedencia?

Durante a miña tese, estudando ameixas, atopei un ADN moi diferente ao delas. Máis tarde descubrimos que pertencía a pequenos parásitos que vivían no seu interior!

CLASE DE 5ºEP

Pode chegar a ser perigoso para a nosa saúde consumir animais mariños?

A nivel xenético, non. Ás veces poden conter toxinas ou metais pesados, pero existen controis para garantir a seguridade alimentaria.

En que consiste o día a día no teu traballo?

No meu día a día analizo mostras, realizo experimentos de laboratorio e interpreto datos xenéticos de diversos animáis mariños.

Cales foron as investigacións máis importantes ou as que máis te sorprenderon e por que?

Unha das máis importantes foi o seguimento xenético da pandemia da COVID-19, porque axudou a comprender como se propagaba o virus e a detectar novas variantes.

CLASE DE 6ºEP

Se o cancro dos mexillóns se pega coma un virus, nós tamén nos podemos contaxiar por comelos ou por bañarnos no mar?

Non. As células destes cancros non poden sobrevivir no noso organismo, igual que as nosas células non sobrevivirían no medio mariño. Son extra de proteína!

Como está afectando o cambio climático aos ecosistemas mariños das costas e rías galegas?

Está a provocar cambios importantes, como a aparición de especies invasoras e modificacións na distribución e abundancia das especies que viven nas nosas costas.

Tracking Pixel Contents