Todo pasa, tamén a selectividade

Alumnos saíndo das probas de acceso á universidade. / PABLO H. GAMARRA

Aborrezo as frases feitas, especialmente as motivacionais. Porén, o outro día unha deume tal labazada que tiven que renderme á súa evidencia. Despois de moito tempo, volvín durmir na casa dos meus pais, naquel cuarto da adolescencia que se conserva practicamente igual que hai quince anos. Nalgún lugar teño que poder gardar eses recordos que me conectan con quen fun un día, e mentres non me desaloxen, alí seguen atopando refuxio.
O caso é que, despois dun día intenso atopeime naquel dormitorio desvelada por preocupacións da vida adulta. Logo dun bo anaco, nesa atmosfera de recordos e nostalxia, lembrei todas as outras preocupacións que me asaltaran entre esas mesmas catro paredes e que agora, a unha parte de min, mesmo lle parecen cativeces fronte as cuestións que me ocupan actualmente. Unha delas foi a selectividade, rebautizada como PAU, e pensei en quenes estades estes días atravesando esa marea.
Nestes intres previos dan bastante igual os datos. Importa pouco que máis do 95% do alumnado galego supere as probas ou que unha parte importante dos universitarios acceda á carreira con notas moi altas. Cando estás aí, co bolígrafo na man e a cabeza facendo contas, non pensas nas estatísticas.
Aínda hoxe, dúas décadas despois daquel trance, lembro aquelas estimacións constantes, as cábalas sobre as notas que necesitaba en cada exame, os plans b, c e d se as cousas non saían como desexaba, a sensación de que non me quedaba nada máis que dar, a decepción cando non acadei a nota de corte que esperaba, a preocupación indirecta da miña familia…
Finalmente, aquel setembro do 2006 o meu futuro comezou a construírse en función ao ‘plan A’: estudar Xornalismo na USC. Todo saíra a pedir de boca.
Non vos confundades: non vou soltar agora algo do tipo “esfórzate e confía, que todo sairá ben”, porque esas son precisamente as expresións que detesto. O do acceso a universidade saíu ben, pero nese mesmo cuarto choreicircunstancias que non tiveron volta atrás, oportunidades de traballo que non se deron ou perdas irreversibles.
Pero si aprendín algo. Non hai unha única cousa que te defina ou decida o teu camiño ao 100%, nin esa nota que hoxe nos parece imprescidible. Somos a suma de moitas notas, de moitas decisións e mesmo do libre albedrío.
Do que si teño a certeza —e aquí vén a frase feita á que acabei rendéndome— é de que todo pasa. Tamén isto que hoxe che aperta o peito. Ocúpate, esfórzate, prepara os exames, tenta descansar, pero sen perder de vista que todo, absolutamente todo, pasa.
Dígocho a ti, se estás a piques de comezar uns exames que cres que van decidir o teu destino; a ti que estas acompañando a unha filla nese proceso e, por suposto, a min mesma dende ese cuarto de adolescente que tantas alegrías, decepción, preocupacións e éxitos albergou (e alberga).
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia