O Andersen acende o facho olímpico
O colexio celebrou por décimo quinta vez os seus Xogos Olímpicos, reunindo a todo o alumnado arredor do deporte e dos valores

5ander.jpg /
O Colexio Andersen volveu acender o espírito olímpico coa celebración da décimo quinta edición dos seus Xogos Olímpicos, unha cita xa emblemática na vida do centro que reuniu a todo o alumnado, desde Infantil ata a ESO, arredor do deporte, a convivencia e os valores compartidos.
A programación arrincou o mércores 25 cunha proposta moi especial: unha ruta pola contorna de Valadares co facho orixinal das Olimpíadas de 1992. Ao longo do percorrido, cada curso foi participando nunha cadea simbólica na que o alumnado de cursos superiores ía pasando o facho ás clases máis pequenas, nun xesto que representou a continuidade e a unión entre etapas. A actividade estivo aberta tamén á participación da comunidade educativa, permitindo que familias e profesorado se sumasen ao camiño. Durante a ruta, o grupo fixo paradas en diferentes puntos, como o Centro de Día D’Alba e a escola infantil Trasniños, onde se compartiu e amosou o facho, convertendo a xornada nunha experiencia que transcendeu o propio colexio.
Ao día seguinte, xoves 26, tivo lugar a inauguración oficial dos xogos, que comezou co xuramento olímpico. Nas semanas previas, todo o alumnado preparara este momento traballando a historia das olimpíadas e elaborando bandeiras e mascotas con materiais de refugallo, integrando así o coñecemento, a creatividade e a conciencia ambiental nun mesmo proxecto.
As xornadas do xoves e do venres estiveron dedicadas á práctica de diferentes xogos olímpicos no propio centro, cunha organización adaptada ás distintas idades. As actividades incluíron propostas deportivas e dinámicas variadas, combinando momentos de xogo, participación activa e descanso, e favorecendo a colaboración entre o alumnado.
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- Toxo vuelve a necesitar ayuda: un ictus deja secuelas en el perro que hace un año acogió una familia de Moaña
- La Xunta da luz verde ambiental al desarrollo de los terrenos de GEA en Ramón Nieto para levantar hasta 950 viviendas en Vigo
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Más de 35.000 trabajadores del textil y del calzado convocados a una jornada de huelga para defender sus derechos
- Un festival de cometas gigantes colorea este sábado la espectacular playa de Foz do Arelho, en Portugal