CIENCIA PARA O DÍA A DÍA
Satélites que estudan e vixían o noso mar
A investigadora Gema Casal Pascual traballa no Centro Oceanográfico de A Coruña
A observación da Terra dende os satélites medrou moito nos últimos anos, en parte grazas ao Programa Copérnico e misións como a Sentinel-2

Gema Casal Pascual, do Centro Oceanográfico de A Coruña. / FdV
CSIC *
Cando eu ía a escola...
Como nena da aldea sempre estiven rodeada de natureza e os seus compoñentes foron parte dos meus xogos. Antes de ir á escola, miña tía-avoa contábame contos inventados de animais onde eu tamén formaba parte da historia. Máis adiante empecei a pasar as longas vacacións de verán na praia. Bañarme no mar, notando a diferencia de temperatura duns días a outros, sentir os olores en marea baixa ou cando había oleaxe, buscar cangrexos e outros animais… Todas estas experiencias despertaron a miña curiosidade pola natureza e o mar.
O meu camiño na ciencia
A miña paixón polo mar levoume a estudiar bioloxía con especialidade mariña. Nos últimos anos de carreira empecei a colaborar co mundo científico e da investigación, e descubrín que este campo me abraiaba, así que decidín facer unha tese de doutoramento. Por casualidade atopeime co mundo dos satélites e o útiles que poden chegar a ser para estudar a costa e o mar, a pesar de estar no espazo. Viaxei por diferentes países e traballei en diversos proxectos utilizando satélites para estudiar o medio mariño. O camiño non foi fácil ni en liña recta; contratos curtos nos que non sabía o que viría despois, nin en que país estaría vivindo, pero pagou a pena. En 2025 por fin puiden volver a Galicia, ao lugar que sempre quixen.
O meu agasallo: unha curiosidade
A observación da Terra dende os satélites medrou moito nos últimos anos, en parte grazas ao Programa Copérnico e as súas misións satelitais, como a Sentinel-2. Actualmente ten tres satélites en órbita que dan voltas á Terra proporcionando datos dun mesmo punto cada 2 ou 3 días e imaxes con 10 m de resolución espacial. Esta información é moi valiosa porque analizando as imaxes podemos obter datos detallados sobre distintos procesos. Por exemplo, podemos detectar mareas vermellas (floracións de algas tóxicas), avaliar se son grandes ou pequenas e con que frecuencia se producen.
En definitiva, a información obtida permite comprender mellor os cambios que ocorren no medio mariño e costeiro e tomar decisións para xestionar e protexer estes ambientes, garantindo que os seus ecosistemas sigan aportando beneficios á sociedade.
As aulas preguntan. O CSIC responde

Clase de 5ºA do Colexio Andersen preparando as preguntas para Gema Casal. / FdV
—A túa familia animouche a comezar unha carreira científica?
A miña familia non ten nada que ver coa ciencia e non coñecían este ámbito. Eles sempre me animaron a facer algo que me gustara. Agradézolle moito este consello e o seu apoio durante todos estes anos, sobre todo cando marchei fóra. Estou dacordo en que un debe elixir algo que o motive e que o apaixone.
—En que ano comezou a túa carreira científica?
No 2005, cando estaba rematando a carreira de Bioloxía e fixen prácticas no Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela. Ese mesmo ano obtiven unha bolsa de Introducción á Investigación que me levou ó Centro Mediterráneo de Investigacións Mariñas en Barcelona, no que estiven traballando catro meses. A a partir de aí xa sempre me dediquei á investigación.
—Cal foi a túa investigación máis longa?
Tiven dúas que foron bastante longas. Unha foi a que me levou a desenvolver unha tesis de doutoramento, na que avaliei varios tipos de sensores para cartografiar algas e outros substratos en zonas costeiras pouco profundas. Esta investigación levoume arredor de sete anos. A segunda foi xusto antes de volver a Galicia, onde participei nun proxecto europeo dos chamados Horizonte 2030. Este proxecto durou catro anos e nel participaron varias organizacións de distintos e moi afastados lugares. Para min esta investigación foi moi importante porque me levou a traballar no lado aplicado da ciencia, é decir, como a ciencia pode axudar a comunidades ou gobernantes para garantir a sustentabilidade dos recursos mediante unha xestión informada.
—Cal foi a túa primeira investigación ou descubrimento?
A miña primeira investigación como tal foi a realizada durante a miña tese de doutoramento. Durante esa investigación descubrimos a utilizade dos satélites para proporcionar información sobre as zonas costeiras, incluso as somerxidas a pouca profundidade. Isto foi moi útil porque demostrou que se pode obter información espacial e temporal continua a un custo moi baixo.
—Atopaches nalgunha das túas investigacións algunha especie ou formación nova ou singular?
Pois non, obter información dalgunha especie nova dende un satélite sería bastante complicado porque o nivel de detalle que proporcionan non é o suficiente. Alguna formación podería descubirse, si, así que non perdo a esperanza.
—De todas as especialidades da Bioloxía e a Oceanografía, por que elixiches os satélites?
Realmente os satélites elexíronme a min. Cando elexín facer a tese de doutoramento, o meu titor tiña dous proxectos: un en satélites e outro en ourizo de mar. Por algunha razón, pensou en min para traballar no proxecto dos satélites e a verdade é que llo agradezo, porque me fascinou.
—Volverías a viaxar polo mundo ou gustaríache quedar xa en Galicia?
Non descarto volver a irme porque, como se adoita decir, a vida da moitas voltas, pero a miña intención é quedar aquí. Por moitas razóns, Galicia é o sitio no que quero estar e por esa razón retornei. Agora só espero que me dean a oportunidade de consolidar aquí a miña carreira porque é o que máis me gustaría.
Divulgación
Esta sección de ‘Ciencia para o día a día’ elabórase coa colaboración de persoal do CSIC a través da Unidade de Cultura Científica CSIC-Gali
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia