Os colexios da provincia de Pontevedra tínguense de violeta
A celebración do Día da Muller é unha oportunidade para poñer en valor figuras relevantes e moitas veces esquecidas da nosa historia, reflexionar sobre a desigualdade e imaxinar en colectivo futuros mellores

'Mural' humano polo 8M no Colexio Andersen. / FdV
Segundo o Barómetro de Xuventude e Xénero 2025, elaborado pola Fundación Fad Juventud, a porcentaxe de mozos e mozas de entre 15 e 29 anos que se considera feminista descendeu ao 38,4%. En 2021, a cifra rozaba o 50%. Ademais, este informe conclúe que preto da metade percibe o feminismo como unha ferramenta de «manipulación política».
Estes datos demostran que o 8 de marzo, o Día da Muller, segue a ser moi necesario, para reivindicar que o feminismo é un movemento que loita pola igualdade entre homes e mulleres e por unha sociedade máis xusta, máis concienciada e corresponsable.
Concienciación
Para conseguir esta misión, a educación é crucial. Os colexios participantes do proxecto Faro da Escola non deixaron escapar a data para traballar estas cuestións a través de diversas actividades creativas ou de divulgación. Por exemplo, o Colexio San Rafael transformou a súa biblioteca nun espazo onde poñer en valor os nomes de científicas destacadas da historia.

A biblioteca do San Rafael transformouse nun espazo feminista e de homenaxe ás científicas. / FdV
Ademais dun mural cos seus nomes e retratos, organizaron un Kahoot con preguntas para asentar coñecementos. As responsables de biblio tamén fixeron unha selección de lecturas relacionadas coa igualdade para que cada titor puidese traballar en clase en función do nivel de cada grupo.
No CEIP Plurilingüe Paraixal, situado no barrio de Teis, estiveron traballando nunha instalación artística realizada coa técnica do bordado. «Este ano centrámonos nos oficios tradicionais galegos relacionados cos «fíos», como as tecedoras, redeiras, hilandeiras, bordadoras, confeccionistas, modistas e costureiras», explica a súa directora, Dolores Danoz. O luns presentaron o resultado final ante as familias. O CEIP Figueiroa, en A Estrada, apostou tamén pola creación colectiva para conmemorar o 8M e fixo un mural que reluciu estes días no seu corredor.

Mural colaborativo do CEIP Figueiroa. / FdV
Por outra banda, no Colexio Andersen puxeron o foco na desigualdade no ámbito das artes; especialmente, na cifra de obras feitas por pintoras que atopamos nos museos nacionais, moi inferior á dos seus compañeiros de profesión. A situación quedou reflectida a través dun xogo moi visual no que a rapazada debía introducir unha bóla nun tarro co símbolo masculino se coñecía o artista ou nun tarro ‘feminino’ se coñecían a artista. Cal pensades que quedou máis cheo? Esperamos atopar no seu xornal escolar as súas conclusións personais.

A rapazada do Paraixal este luns cos seus bordados polo 8 de Marzo. / FdV
Para rematar esta acción, cada estudante levou o venres pasado unha fotocopia cunha artista referente e posaron todos xuntos no patio, formando un gran ‘8M’.
Mulleres referentes
Outro centro que se implicou por completo nesta efeméride foi o CPR Alba. O alumnado de Secundaria organizou o ‘I Ciclo de Conversas Muller_es’.
«O obxectivo é pór en valor a aportación das mulleres á sociedade, así como trasladar ás novas xeracións valores como a igualdade e o esforzo», declara Patricia Dapena, directora do centro.
Esta primeira edición permitiu ao estudantado coñecer as experiencia vitais da atleta olímpica Ester Navarrete, as futbolistas de As Celtas Lara e Luchi; Sefi Romero e Ester Mariño, activistas polos dereitos das mulleres e dos traballadores; Chelo Pampillón, directora de teatro e presidenta da Federación Galega de teatro afeccionado; e Elia Rodríguez, subdirectora de Industrias Ferria . A cantante Uxía acudirá mañá ao colexio Alba para pechar o evento.
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla