David Bruzos, preparador de oposicións de educación en Galicia: «Aínda que o número de xente que participe sexa menor, o nivel de competitividade será bastante parecido»
O docente entrena na academia Nós aos futuros mestres de Física e Química
Pronostica unha menor participación na seguinte convocatoria tras o anuncio da Xunta de que os interinos non terán que participar nos exames para continuar en listas

David Bruzos, preparador de oposicións. / FdV
David Bruzos é preparador de oposicións para docencia na academia Nós desde o 2003, traballo que compaxina coa súa praza de mestre de Física e Química nun instituto de Ourense.
Con todos estes anos de experiencia ás súas costas, falamos con el para coñecer a súa opinión sobre a próxima convocatoria anunciada pola Xunta de Galicia, os perfís dos futuros profesores de Educación Secundaria (el traballa cos da especialidade da súa materia), os erros habituais que detecta e algún que outro consello para afrontar o proceso.
—A cantas persoas está preparando actualmente?
—Dentro da academia de oposicións somos un equipo que prepara a parte de Física e Química. O alumnado é conxunto porque imos rotando por todas as sedes de Nós, en Vigo, en Santiago, en A Coruña e en Lugo, pero nestes momentos, na especialidade de Física e Química, temos en torno a 110 persoas en toda Galicia.
—A Xunta de Galicia anunciou que este ano convocará 1.601 prazas nas oposicións de educación. Delas, 1.378 serán de libre acceso. Que nivel de participación cre que se espera?
—Son unhas oposicións esixentes. Por unha parte, porque o temario é amplo e por outra, porque é un proceso competitivo. O certo é que este ano en concreto a Xunta anunciou por primeira vez que vai permitir que non se presente o profesorado interino, que xa traballou e ten praza consolidada. Que se pode prever disto? Posiblemente, presentarase menos xente.
—Cambiará moito entón o panorama?
—Hai que dicilo: con esa xente que habitualmente se presenta pero que non lle dá tempo a preparalo por lóxica, porque está traballando, tampouco contas moito como competidora. Por iso creo que aínda que o número de xente que participe sexa menor, o nivel de competitividade será bastante parecido ao de anos anteriores.
—Na academia tedes máis alumnado que se presenta por primeira vez ás oposicións ou formades tamén xente interina que quere sacar a praza?
—Hai un pouco de todo. Temos un perfil de xente «recién licenciada» e que fai o máster de Profesorado para poder presentarse. Hai quen fai unha incursión dun ano na empresa privada e din «isto non» e volve para preparar oposición. Tamén preparamos a xente interina, que normalmente vén moi motivada á academia e intenta sacar moito tempo para traballar, e logo temos un perfil moi curioso: xente que ronda os 45 anos e que despois de pasarse 20 anos na empresa privada chega un momento no que decide probar a facer as oposicións de Secundaria.
—Difícil retomar os estudos tras tantos anos.
—Sí, pero de feito, moita da xente que da ese cambio vén moi motivada, porque seguramente pasaron por algunha situación un pouco delicada na empresa privada. Poñerse a estudar é un salto duro. Nós traballamos con todo o mundo de forma similar, aínda que estes perfís, por exemplo, teñen necesidade de refrescar un pouco máis os contidos. Os resultados ata agora son fantásticos, así que entendemos que funciona.
—Retomando o das expectativas de participación e o cambio anunciado pola Consellería: que lle aconsellaría a quen está dubidando se presentarse á seguinte convocatoria?
—Nas opos de Secundaria hai que intentar illarse un pouquiño das situacións que non podes controlar. Hai que pensar no que podes facer ti, no traballo que che toca. Eu sempre aconsello ir todo o a tope que se poida e no tempo que se teña dispoñible. Se non é así, o risco é que acabes perdendo tempo e diñeiro. Nós sempre dicimos na academia, na nosa especialidade, que o número de prazas polo que competimos é bastante parecido todos os anos. A xente que vai ir forte a por elas é un número relativamente reducido e bastante estable.
—Desde a súa experiencia, cales son os erros máis frecuentes nas persoas que comezan a preparar oposicións?
—Na nosa especialidade o erro é moi claro: a xente prepara moito a parte específica de Física e Química, pero en moitos casos deixa de lado a programación didáctica, que é onde se van xogar a praza. E nesta oposición hai dúas fases, unha é eliminatoria. A maioría dos que pasan ese corte pensan «xa estou medio cerca», pero precisamente aí é onde normalmente pasan o dobre ou o triple de persoas que vacantes. Se non preparas a segunda parte, podes darte por descartado. O noso consello é que sempre hai que preparar todas as partes da oposición. Os golpes anímicos da xente que pasa o corte son duros, porque da coraxe ver como queda a praza tan cerca.
—Como lles animades para que non perdan a motivación?
—Sempre dicimos que esta oposición é posible sacala nun curso académico. Non é seguro porque é un proceso competitivo, mais podemos quedarnos co dato de que entre o 20 e o 30% de plazas que se sacan e son nosas son de xente que se presenta por primera vez.
—Unha cifra esperanzadora.
—Si, é un número importante. Pode ser que che prepares moi forte e non saia, o factor sorte está aí. Para o equipo de preparadores é moi importante estar pendentes da situación psicolóxica dos estudantes. Aínda que sexa un só ano de preparación hai moitos picos de estado de ánimo e inflúen moitos factores. É certo que non nos dá para brindarlles unha atención psicolóxica como tal, pero procuramos prever e anticiparnos aos momentos de baixón e lembrarlles que é unha carreira de fondo.
—E que papel xoga a vocación nestas oposicións? Vedes motivación pola docencia ou tira máis a perspectiva de ter un emprego estable?
—Creo que hai máis perfil vocacional. Se fora por estabilizarse, digamos que hai outras oposicións que igual non requiren tanto esforzo. Por suposto, na nosa especialidade, a de Secundaria, tenche que gustar o trato cos adolescentes. É dicir, entender que son sacos de hormonas e que están a traballar unha parte moi importante do que van ser no futuro. Unha vez que es consciente diso, é unha profesión marabillosa. Eu sempre o tiven claro.
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas