Plan de Benestar Dixital en Galicia: isto é o que se sabe ata agora
A nova iniciativa da Xunta propón diferentes medidas para un uso «consciente, responsable e saludable» das ferramentas dixitais na mocidade

O Plan contempla un documento de carácter voluntario que asinarán o centro e o alumno para incentivar a 'desconexión'. / Marta G. Brea
A forma na que os máis novos empregan a tecnoloxía é, dende fai tempo, obxecto de debate público e unha das preocupacións máis grandes das familias. Neste contexto, o Consello da Xunta de Galicia aprobou este mes unha iniciativa para aproveitar o potencial da tecnoloxía e minimizar os seus riscos na infancia: o Plan de Benestar Dixital, dotado de 7,4 millóns de euros e pensado para desenvolverse ata o ano 2030.
Quen está detrás?
A elaboración do Plan contou coa participación de Antonio Rial Boubeta, profesor do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC; Susana Rey García, médico pediatra e presidenta da Sociedade de Pediatría de Galicia; María Dolores Fernández Tilve, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC; Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, e o doutor en Dereito, Julio José Fernández, entre outros.
Que accións contempla?
O documento completo aínda non está publicado, pero avanzouse que contará con medio centenar de medidas estruturadas en cinco eixes e seis dimensións de impacto tecnolóxico: as conductas de risco e ciberseguridade, os hábitos de vida saudables, a garantía dos dereitos e dos valores democráticos, a convivencia escolar e familiar, a aprendizaxe e desenvolvemento cognitivo e a socialización e o desenvolvemento persoal.
Algunha das medidas xa anunciadas pola Xunta son:
- Contrato de Vida Dixital: documento de carácter voluntario que asinarán o centro e o alumno, de acordo coa familia, relativo ao uso das tecnoloxías «fóra do horario escolar». Establecerá unha serie de obrigas sobre tempos, horarios e usos dos dispositivos dixitais e farase un seguimento do seu cumprimento.
- «Apagamento dixital»: en relación a anterior medida, trátase dun reto para o alumnado, mediante o cal se compromete a estar 24 horas sen usar internet e dispositivos electrónicos. Nesta liña, impulsarase tamén un sistema de autoavaliación de uso responsable de internet chamado «Modo consciente-ON».
- «Na procura da loiada»: programa de formación específico para o alumnado sobre alfabetización mediática, verificación de información e intelixencia artificial.
- «Encontros coas familias»: formacións para as familias sobre estratexias de actuación e uso de ferramentas de control e seguimento dos dispositivos. Tamén se publicará a a guía «Clic familiar».
- «O bosque dos dereitos»: paquete educativo con dilemas, actividades e retos por nivel educativo para concienciar sobre os dereitos no eido dixital.
- Actualización do programa E- Dixgal.
- Prohibición do uso dos móbiles nos centros educativos.
- «Código galego de boas prácticas tecnodidácticas»: documento elaborado xunto ao sector tecnolóxico, que poderá participar en proxectos de innovación aplicada ao benestar dixital
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas