Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Samaín: Entre o mundo dos vivos e dos mortos

Os colexios galegos celebran esta festividade con actividades cheas de imaxinación: contacontos, exposicións e xogos para revivir a tradición celta

CPR San Rafael.

CPR San Rafael. / Cedida

Vigo

Chega o outono e con el un dos momentos máis máxicos do ano en Galicia: o Samaín, esa festa ancestral que nos conecta co noso pasado celta e coa idea de que, por uns días, o mundo dos vivos e o dos mortos se tocan. Antes de que o Halloween importado enchese escaparates e pantallas, aquí xa se baleiraban cabazas, prendíanse candeas e contábanse historias de medo ao carón do lume.

Hoxe o Samaín segue moi vivo, sobre todo nos colexios, onde se mesturan tradición e creatividade, medo e risas, e onde os nenos e nenas descobren que o medo tamén pode ser divertido.

O ambiente escolar encheuse estes días de cabazas, contos, castañas e moita ilusión. No Colexio San Rafael, a profesora Alba Bernárdez conta que «dende a biblioteca fixemos unha exposición de xogos/pasatempos e concursos. Concurso de cabazas en familia (tiñan que facelas na casa), concurso de historias terroríficas e concurso de monstros. O xoves faremos unha festa e decidiremos os gañadores». A mestra asegura que «algúns teñen medo ao principio pero cando comezan a debuxar ou mesmo a pensar nas historias son capaces de rir e emociónanse moito».

Entre as anécdotas que máis lembra, destaca unha especialmente doce: «un deles que me fixo moita gracia veu a miña clase a preguntar se íamos ler as historias para todos porque estaba preocupado de si os pequenos terían medo».

Colexio Amor de Dios.

Colexio Amor de Dios. / Cedida

No San Rafael, as festas convértense nun exercicio de convivencia: «As festas e as preparacións previas son os días favoritos para o noso alumnado (a algúns cóstalle o de estar todos xuntos pero tamén serve coma aprendizaxe e superar medos) pero aproveitan para socializar moito máis».

Ademais, «dependendo do nivel de cada aula, cada mestre pode exprimir máis os nenos e nenas, buscando inspiración para escribir, facendo unha planificación previa… o bonito de esto é que podemos adaptarnos a todos os niveis». E este ano, o entusiasmo familiar superou todas as expectativas: «estamos moi contentos coa acollida do concurso de cabazas na casa, participaron un montón de familias e algunhas foron moi orixinais e traballadas».

Tamén en Vigo, o Colexio Amor de Dios se envolveu por completo na maxia do Samaín. «El ambiente en el Colegio Amor de Dios de Vigo se ha impregnado estos días del espíritu del Samaín, la ancestral fiesta de origen celta que marca el fin de la cosecha y la bienvenida al invierno». A comunidade educativa volcouse nunha xornada chea de tradición, creatividade e talento.

O alumnado gozou con contacontos e cunha actuación teatral a cargo dunha das mestras do centro, que encheu de risas e intriga o escenario escolar. A maxia continuou coa exposición «Meigas e lendas», unha mostra chea de cor, gorros e escobas de bruxa elaboradas nas casas polas familias. «La originalidad y el esfuerzo se hicieron patentes en cada pieza expuesta, mostrando un alto nivel de compromiso por parte de las familias», destacan desde o colexio.

CEIP da Cruz de Nigrán.

CEIP da Cruz de Nigrán. / Envato

Dende a dirección, quixeron expresar o seu agradecemento pola «magnífica respuesta» das familias e alumnado, cuxo «esfuerzo e ilusión» foron clave para que a festa se vivise con tanta intensidade e calidez, reforzando o coñecemento das tradicións galegas.

Máis ao sur, en Nigrán, o CEIP da Cruz decidiu fundir tradicións nunha única xornada. O mestre de Educación Física, Arturo Alborés Martínez, explica: «Éste ano no CEIP da Cruz de Nigrán decidimos celebrar o Halloween e o Magosto nun mesmo día ao que denominamos ‘Festa do Outono’».

O alumnado acudiu disfrazado e participou en diversas actividades: «entrega de premios polas cabazas, fixemos unha merenda común con ‘aterradoras merendas’ e logo degustaron un producto típico galego como son as castañas». A xornada completouse con xogos e obradoiros cheos de enerxía: «zancos, carreira de sacos, encestar a castaña nunhas caixas, obradoiro de confección de pulseiras e máscaras».

Tracking Pixel Contents