‘Ciencia para o día a día’
Expedicións por todo o mundo
Manuel Paredes Alonso, responsable de Gestión Técnica y Vicedirección Técnica: «Desfrutaba desmontando os agasallos e volvelos montar e poder entender como funcionaban por dentro…»

Manuel Paredes Alonso / CSIC
«Cando era pequeno...»
...sempre me fascinaron os animais e poder ir explorar o campo cando a miña familia me levaba a acampar no monte, ademais gozaba descubrindo «bichos» e ensuciarme cando os meus pais non me vían. Ademais, sempre me fascinou entender como funcionaban as «cousas», gozaba desmontando os agasallos de Nadal ou dos aniversarios e volvelos montar e poder entender como funcionaban por dentro… ás veces, ao volvelos montar non funcionaban correctamente.
«O meu camiño na ciencia»
Aínda que a maior parte da miña vida estivo ligada ao mar e aos barcos, son orixinario de Almendralejo (Badajoz), onde non hai mar. Cando fun crecendo descubrín o «unido» que está o medio ambiente coa nosa vida cotiá e como o ser humano pode alteralo e influír na nosa forma de vivir. A miña curiosidade levoume a elixir Ciencias do Mar. Isto fíxome descubrir como funciona o mar, aprendín como funcionan as ondas, as mareas (fascinoume que as mareas fosen producidas pola disposición da lúa e o sol), as correntes, poder saber os nomes das algas que atopaba nas praias, os nomes de todos os peixes (ou iso cría…). Pero o que máis me chamou a atención conforme ía crecendo foi a tecnoloxía que fai posible poder explorar ou medir todas estas cousas… Cando terminei a universidade, atopei o sitio onde poder facer isto:Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC, á parte de facer o que me gusta coa instrumentación oceanográca, temos a oportunidade de embarcarnos en expedicións de exploración mariña por todo o mundo en buques de investigación.
O meu agasallo: unha curiosidade
A luz do sol non adoita chegar a máis de 200 m. Se non chega a luz do sol,como se pode ver que hai no fondo do mar a 5000 metros sen ningún foco ou lanterna?
As aulas preguntan. O CSIC responde

Nenos e nenas de 5° e 6° do San Salvador. / FdV
Que é o que máis che gusta da túa profesión?
O que máis me gusta é poder viaxar a lugares que dificilmente son accesibles para o resto das persoas. Ademais de poder resolver problemas nos equipos que non queren «funcionar» e coñecer ás persoas coas que convives durante longos períodos de tempo.
Como foi a túa primeira expedición nun buque científico?
A primeira expedición foi nas illas Malvinas e na costa do Perú, no B/O Miguel Oliver, onde estabamos estudando se o caladoiro de pesca estaba en condicións óptimas. Eu era o encargado de obter a morfoloxía do fondo do mar cun instrumento acústico que se chama ecosonda multifeixe. Esta campaña foi para min a máis importante, xa que coñecín á que hoxe é a miña esposa.
Viviches algunha situación perigosa nunha investigación?
Perigosa en si non, somos moi coidadosos cando estamos traballando no mar. Pero o feito de estar en alta mar e desenvolver traballos en mares moi axitados, como o paso de Drake ou en Terranova, fixo que tivera que navegar con ondas de 8-10 metros, e grazas aos capitáns e comandantes dos barcos todo quedou nunha experiencia. O peor é non poder durmir ou comer cando o barco se move tanto.
Como estudades as especies que están por debaixo da zona iluminada polo sol?
O principal método é o uso de métodos acústicos. Eu traballo con varios equipos, entre eles unha ecosonda biolóxica, que é un instrumento que lanza un feixe (raio) á auga; ao chocar con organismos (peixes, krill, etc.), ese feixe rebótase e, medindo a enerxía coa que regresa. Despois tamén podemos empregar cámaras preparadas para resistir a presión ou incluso en observatorios submarinos que se colocan no fondo do mar. Con estes métodos podemos filmar as especies que viven a grandes profundidades sen necesidade de pescalas e, polo tanto, contribuíndo a conservar os fondos mariños.
Descubriches algunha especie mariña sorprendente ou estraña?
Desafortunadamente eu non descubrín ningunha especie, pero chamáronme moito a atención os peixes abisais e a adaptación destes a un medio tan “hostil”, con grandes ollos e dentes, ademais do uso de señuelos bioluminiscentes para atraer as súas presas. Persoalmente, a min sempre me gustaron os tiburóns, xa que posúen características que outros animais mariños non teñen, e esas adaptacións servíronlles para ser uns dos animais máis antigos do planeta.
Fanse investigacións na zona Antártica? E se é así, que investigades?
¡Claro! A Antártida podería considerarse un gran laboratorio xigante. Case todos os países teñen bases de investigación científica onde viven científicos que realizan os seus estudos e técnicos que lles axudan a conseguir datos. España ten dúas bases de investigación:A Base Gabriel de Castilla, que se atopa na Illa Decepción, que é un volcán e a Base Antártica Juan Carlos I, situada na Illa de Livingston. O centro do CSIC onde traballo, a Unidade de Tecnoloxía Mariña (UTM), é o encargado de xestionar, manter e mellorar a BAE Juan Carlos I, cun gran equipo de persoas que se dedican a diferentes tarefas: desde facer a comida, montañeiros que acompañan aos científicos aos glaciares, mariñeiros que nos levan en zodiac ás praias, mecánicos que fan que todo funcione, electrónicos que nos subministran enerxía con fontes renovables, e informáticos que se aseguran de que poidamos ter conexión a internet. Na Antártida estúdanse case todas as cousas que se poidan imaxinar: os volcáns, os pingüíns, os animais que viven no fondo do mar, como varía o campo electromagnético da Terra, os colémbolos (uns insectos invasores que chegaron á Antártida a través dos humanos), os glaciares e como lles afecta o quecemento global, a sinal dos satélites para o posicionamento… e, seguro, moitas outras cousas máis.
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Hallan un cuerpo colgado de un árbol frente a la Diputación de Pontevedra
- Condenan por intrusismo a un falso médico que atendió 9 días en Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Educación abre una investigación en un colegio de Vigo por acoso a una niña de 5 años
- La parcela de la antigua estación de bus de Vigo será un espacio de encuentro social