Desafíos
Os nacidos en 2020 sufrirán o dobre de fenómenos extremos ca seus avós
Segundo o informe ‘Nacidos na crise climática’, de Save the Children

Incendio forestal en la provincia de Ourense. / Brais Lorenzo
R.V
Os nenos e nenas españois nacidos en 2020 sufrirán o dobre ou o triplo de fenómenos climáticos extremos —como ondas de calor, perdas de colleitas, crecidas de ríos, secas e incendios forestais— ca seus avós, segundo a segunda edición do informe ‘Nacidos na crise climática’, elaborado por Save the Children en colaboración coa Universidade Vrije de Bruselas, que alerta dunha situación «sen precedentes»; «algo», din, «nunca visto».
En concreto, o estudo responde á pregunta «como pode chegar a ser o quecemento global en 2100?» con tres posibles escenarios. Así, analiza:
1) que acontecería se se consegue acadar o obxectivo do Acordo de París —que o aumento da temperatura media global non supere os 1,5 °C—;
2) que pasaría se a temperatura global aumenta 2,7 °C —o compromiso actual dos países—; e
3) que sucedería se non se toman medidas efectivas e o aumento chega aos 3,5 °C.
Desde Save the Children advirten que «tendo en conta os compromisos adquiridos polos países e as tendencias actuais nas emisións, estamos camiñando cara a un aumento da temperatura media global de 2,7 °C». Se ese escenario se fai realidade, engaden, «en España significaría que o 94 % dos nenos e nenas nacidos en 2020 estarían expostos a ondas de calor sen precedentes, fronte ao 26 % dos nacidos en 1960». Esa cifra reduciríase ao 65 % se se cumpre o obxectivo do Acordo de París.
A investigación mostra así a diferenza no impacto do cambio climático entre os nados nos anos 60 e os de 2020: o 24 % dos nenos e nenas nacidos en 2020 sufrirían secas —fronte ao 8 % dos nacidos en 1960—, o 10 % veríanse afectados por perdas de colleitas —fronte ao 4 %—, e o 20 % experimentarían incendios forestais —en comparación co 3 % dos nacidos en 1960.
«Aínda que os seus avós viviron as ondas de calor, as inundacións, as secas ou os incendios forestais como sucesos excepcionais e pouco frecuentes, as novas xeracións terán que enfrontarse a estes fenómenos cunha frecuencia, intensidade e duración cada vez maiores», sinala Carmela del Moral, responsable de incidencia social e política en Save the Children.
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena