Xuntanzas
BiblioTea: Libros ás rúas, historias para contar
A pioneira rede de bibliotecas escolares de Ponteareas reuniu ás lecturas favoritas de 260 estudantes.
E co gallo das Letras? Ven a Foliada!

Estudantes de Bacharelato deixaron constancia gráfica do acto. / Fdv
M.B
De xuntanzas e boas lecturas: moita tea que cortar, historias lendarias das que poderían falarnos longo e tendido escritores como Virginia Woolf e mais o Grupo de Bloomsbury; Paco Umbral e o seu relato das reunións no Café Gijón de Madrid;ou , por suposto, Castelao, Risco e mais Otero Pedrayo, integrantes do inesquecible Grupo Nós.
Malia que moi diferentes, todos eles intuíron o mesmo: o poder de reunirse arredor dos libros, unha actividade que fomenta o diálogo, fortalece vínculos na comunidade e amplía as nosas perspectivas e mirada crítica, enriquecendo non só a propia experiencia lectora, que nos permite celebrar o hábito da lectura e mesmo redescubrilo: lonxe de relegado a determinados momentos e grupos sociais, «debe estar presente na vida de todos».
Amósanse convencidas ao respecto as impulsoras do pioneiro proxecto da rede de bibliotecas escolares de Ponteareas BiblioTea, que botou a andar este curso 2024 - 2025 co obxectivo de sumar esforzos á hora de dinamizar a lectura da comunidade educativa da localidade. Como non podía ser doutro xeito, a rede estreou o primeiro Día do Libro da súa existencia levando as lecturas favoritas do alumnado ás rúas da vila.
En concreto, 260 estudantes de 5º de Educación Primaria a 4º da ESO dos oito centros pertencentes á rede déronse cita o pasado venres 25 de abril na Feira Vella para ler xuntos e protagonizar un intercambio lector. «Os nenos e as nenas prepararon con antelación unha tarxeta informativa sobre o seu libro favorito, que despois intercambiaron cos estudantes dos outros centros», explican desde a entidade.

60 alumnos e alumnas de Ponteareas protagonizan un intercambio lector. / FDV
«Levar os libros ás rúas serve para dar visibilidade á lectura, normalizala. Sona a clixé, pero é certo: ler permítenos viaxar a través do tempo e do espazo, coñecer outros mundos, divertirnos», reflexionar para sinalar seu poder como ferramenta educativa transversal: «Permite desenvolver todas as competencias clave: non só a comprensión ou a linguaxe, senón tamén a imaxinación, a creatividade, a intelixencia emocional».
Un acto ao que asistiron o concelleiro de Educación de Ponteareas, Ricardo González, e a asesora de Bibliotecas Escolares da zona de Pontevedra, Asun Carballo Rodríguez, e que estivo amenizada pola actriz e conta-contos Bea Campos. A maiores, a actividade contou coa actuación musical do grupo de alumnos de Secundaria Os Alteanos e cobertura gráfica por parte de estudantes de Bacharelato, que deixaron constancia de todo canto alí ocorreu en forma de debuxos e retratos fotográficos.
A celebración deixou un grande sabor de boca entre docentes e alumnos. Tanto é así que desde a rede xa están a preparar un novo acto co gallo das Letras Galegas.Terá lugar o vindeiro 19 de maio cunha foliada na que non faltarán pandeiretas, cancións populares ou a vestimenta tradicional galega.
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- «En una vivienda de tu propiedad no es legal que te prohíban tener mascotas»