CIENCIA PARA O DÍA A DÍA | Mari Sol Hernández Conesa, técnico de laboratorio no IEO-Vigo
Imaxinación baixo a agua: «Non hai dous días iguais»
«Desde pequena, sempre escoitaba nas noticias o mal que estaba o mar Menor e decidín adicarme á investigación da contaminación mariña»

Mari Sol Hernández Conesa, técnica de laboratorio del IEO-Vigo. / Cedida
CSIC
«Cando eu ía a escola...»
O meu nome é Mari Sol Hernández e actualmente vivo en Vigo, pero son dunha vila costeira da rexión de Murcia. Cando era pequena, gustábame moitísimo deixar voar a miña imaxinación, idear historias irreais e debuxalas. Nas vacacións sempre nos xuntabamos con outra familia e iamos a súa casa pasar o verán; cando tocaba tarde de praia, eu collía as gafas de mergullar e pasaba as horas baixo a auga observando calquera animaliño, alga ou planta que houbera. Mesmo me gustaba ver como se movía a area, que facía cando eu a movía ou como era o movemento das ondas. Eses momentos nos que estaba na auga e creaba películas e historias coa fauna mariña que vía foron especiais para min.
«O meu camiño na ciencia»
Cando fun medrando, a miña curiosidade pola vida no mar tamén foi aumentando. A miña vila está na coñecida lagoa do Mar Menor, onde sempre oíra que había contaminación pola agricultura e a minería da zona. De pequena, sempre escoitaba nas noticias o mal que estaba ese mar e o pouco que se queixaba o turismo, lembro que miña nai non me deixaba bañarme aí e eu non entendía a problemática que existía. A raíz disto, decidín adicarme á investigación e, en concreto, á contaminación mariña.
«O meu agasallo: unha curiosidade»
Actualmente estou realizando experimentos cunha microalga que, por se non o sabedes, é un microorganismo moi pequeniño que vive e se move no mar e que se ten que ver cun microscopio. O que fago é expoñela a diferentes metais como o cobre ou o ferro e ver que é o que fan. Todo o tempo teño que ir vendo como actúan; é moi entretido pensar e razoar o por que dos resultados
As aulas preguntan. O CSIC responde

Alumnado de 4º de Primaria do CEIP Javier Sensat. / FdV
Gústache o teu traballo?
Si, gústame o meu traballo porque é bastante entretido e nunca teño dous días iguais, sempre é moi variable e todos os días aprendo algo novo.
Estás investigando outro tipo de microalga?
Non, só investigo con esa microalga. Poderíamos usar outra, pero de momento cinguímonos a esta polas súas características.
Cal é a túa parte favorita no proceso de investigación que estás levando a cabo?
A miña parte favorita é a planificación. Aínda que require dedicar varios días á preparación, xa que implica lavar, secar e etiquetar todo o material necesario, así como realizar os cálculos para preparar as disolucións dos experimentos, gozo moito desta fase. É unha parte do traballo que demanda varias horas, pero resúltame especialmente gratificante porque senta as bases para que o experimento se desenvolva de maneira ordenada e eficiente.
Onde atopas as microalgas coas que investigas?
Esta microalga coa que traballo obtívose durante unha mostraxe realizada en 1985 na ría de Vigo. Coas mostras de auga que se obtiveron, foi extraída e fíxose medrar nun cultivo de maior tamaño para mantela.
Canto tempo empregas na realización dos experimentos?
Podería organizarse o desenvolvemento dos experimentos en varias etapas: - Planificación e preparación. Antes de iniciar o experimento, é necesario realizar os cálculos para a preparación das disolucións que se utilizaránnos tratamentos das microalgas. Tamén se debe etiquetar todo o material experimental de xeito claro e preciso para evitar confusións durante a execución do experimento. Aínda que esta tarefa poida parecer sinxela, é crucial para garantir a correcta realización do estudo. Esta fase lévame aproximadamente un día.
- Execución do experimento. Ao día seguinte de preparar as disolucións, realizo o experimento, o que implica concentrar as microalgas mediante centrifugación e expoñelas aos diferentes tratamentos. Esta fase dura todo o día e leva consigo varias horas de traballo continuo.
- Análise dos resultados. A análise dos datos obtidos do experimento adoita ser a parte máis sinxela, sempre e cando o equipo utilizado para medir a concentración de metais nas microalgas funcione correctamente. Esta fase ocúpame aproximadamente dous días.
- Obtención de resultados e conclusións. Finalmente, a interpretación dos resultados e a elaboración de conclusión é a fase máis esixente, xa que implica unha análise detallada e coidadosa dos datos. Dependendo da complexidade do experimento e doutras tarefas adicionais, esta etapa pode durar ata tres días.
Cres que se non viviras de pequena nunha vila costeira preto do mar o teu traballo sería o mesmo?
Sinceramente creo que non, que acabaría noutra rama da ciencia totalmente diferente a Ciencias do Mar.
DIVULGACIÓN
Esta sección de ‘Ciencia para o día a día’ elabórase coa colaboración de persoal do CSIC a través da Unidade de Cultura Científica CSIC-Galicia
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella