20 anos de Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade!

A próxima edición do evento será do 14 ao 16 de maio e, para celebrar as dúas décadas de traxectoria, creouse unha revista e un calendario conmemorativos

Imaxe dunha das anteriores edicións de Galiciencia.

Imaxe dunha das anteriores edicións de Galiciencia. / Cedida

Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, celebra 20 anos de vida. A iniciativa, impulsada polo Parque Tecnolóxico de GaliciaTecnópole (sociedade participada pola Xunta de Galicia) co apoio da Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades), botou a andar no ano 2006 e neste tempo, consolidouse como unha cita de referencia para a mocidade.

A próxima edición da feira, que conmemora dúas décadas traballando por «un mundo máis saudable, sostible e igualitario a través da innovación», terá lugar os días 14, 15 e 16 de maio de 2025. O lema escollido para esta ocasión é ‘Neurociencia e saúde mental’.

Con todo, as celebracións polo 20 aniversario extenderanse máis aló do mes de maio. Tecnópole elaborou unha revista na que se fai un percorrido polos proxectos gañadores destes anos; dentro dela pode atoparse unha entrevista ao primeiro gañador de Galiciencia, Carlos Nieto, alumno do colexio Guillelme Brown do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Daquela tiña 13 anos e na actualidade traballa como neurocientífico en Moscú, onde estuda as neuronas espello en humanos. «Daquela eramos moi novos, pero hoxe decátome do impacto positivo que tivo o certame en mi», declara o mozo. A súa proposta era unha desanilizadora solar como solución para dispoñer de auga potable ante posibles situacións de carencia deste recurso.

Por outra banda, Tecnópole creou un calendario conmemorativo que rende homenaxe a científicas pioneiras e recolle datas importantes vencelladas á nova edición de Galiciencia.

Tracking Pixel Contents