O Marco acolle as "I Xornadas Neuroeducación e Pedagoxía" de COPEGAL: “Como aprende o noso cerebro?”

Con aportacións prácticas na escola e a familia, o evento terá lugar o venres 24 de xaneiro entre as 16 e as 20.30 horas

Contará con tres relatorios, un obradoiro e unha mesa redonda para abordar temas como as novas tecnoloxías, a dislexia, a intervención ou a relación escola-familia desde a perspectiva da neuroeducación

As I Xornadas Neuroeducación e Pedagoxía, organizadas pola asociación de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia (COPEGAL), responderán a pregunta "¿Como aprende o noso cerebro?"

As I Xornadas Neuroeducación e Pedagoxía, organizadas pola asociación de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia (COPEGAL), responderán a pregunta "¿Como aprende o noso cerebro?" / CEDIDA

R.V

“Como aprende o noso cerebro?” será a pregunta á que responderán as I Xornadas Neuroeducación e Pedagoxía, organizadas pola asociación de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia (COPEGAL) e que terán lugar o vindeiro venres 24 de xaneiro entre as 16 e as 20.30 horas no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Museo Marco).

A cita, concebida para achegar aportacións práticas na escola e a familia, contará con tres relatorios, un obradoiro e unha mesa redonda e a presenza de ata oito profesionais da rama para abordar temas tan importantes da actualidade educativa como son as novas tecnoloxías, a dislexia, a intervención ou a relación escola-familia, entre outros, desde a perspectiva da neuroeducación. 

Para participar, é precisa a inscripción previa no formulario de Copegal.

Tras a inauguración, prevista para as 16.00 horas, o primeiro dos relatorios —“O cerebro que aprende: Bases da neuroeducación para a práctica pedagóxica”— correrá a cargo de Paula Suárez Gullón, presidenta de COPEGAL e directora do gabinete psicopedagóxico Positivando. 

A continuación, chegará a quenda da charla “Dislexia: Comprendendo as súas bases e claves para unha intervención eficaz”, da man da profesora da USC e directora da Unidade de Investigación e Intervención en dislexia Paula Outón Oviedo, que terá lugar a partir das 16.45 horas. 

Xa ás 17.30 horas, será a Doutora Carmen Fernández Morante, directora do Instituto de Investigación de Ciencias da Educación da USC e especialista en tecnoloxía educativa, quen colla o relevo para abordar o tema “Presenza remota, conexión auténtica: A telepresenza como ponte para unha educación inclusiva”. 

Café para "tecer redes"

Tras a pausa para o café “tecendo redes”, os asistentes poderán gozar do obradoiro “Estratexias pedagóxicas nos procesos de intervención educativa e familiar. Unha oportunidade de aprendizaxe experiencial”, que protagonizarán as pedagogas Sonia Camino Mata, orientadora educativa, e Isabel Ayán Burillo, técnica do Servizo de Educación e Apoio familiar de Tomiño. 

Finalmente, a xornada despedirase coa conversa "Neurociencia e Pedagoxía: Claves para a colaboración entre familia e escola ante os retos actuais", moderada polo orientador laboral do concello de Vigo Xosé Alberte Cea Rodríguez e na que intervirán Soledad Boó Ruiz, psicopedagoga especializada en lectoescritura basada en neurociencia; e o pedagogo Serxio Estévez Souto, investigador predoctoral USC. 

I Xornadas Neuroeducación e Pedagoxía: “Como aprende o noso cerebro?”

  • Data: 24 de xaneiro
  • Horario: 16h - 20.30h
  • Lugar: Espazo Anexo do MARCO, Vigo
  • Dirixido a profesionais da educación, da saúde, familias, estudiantes e todas as persoas interesadas en innovación pedagóxica.
  • Para participar, é precisa a inscripción previa no formulario de Copegal.
Tracking Pixel Contents