Mellor en galego
Unha nova viaxe pola memoria
Investigar, falar cos avós, quitarlle o po ás historias...:O alumnado galego regálanos magníficas estampas para pór en valor o noso Patrimonio Inmaterial
R.V
Recoñecida pola UNESCO como modelo de boas prácticas, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! leva máis de vinte e cinco anos traballando na divulgación do Patrimonio inmaterial galego-portugués. Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos teñen participado en certames como Imaxes do Patrimonio, que cumpre xa sete edicións retando aos estudantes de toda Galicia a buscar, xunto a súa familia, imaxes do pasado.
O resultado? Extraordinario, tal e como quedou claro o pasado venres, cando, coincidindo coa véspera do Día Internacional do Patrimonio, a asociación fixo entrega dos galardóns cunha gran festa no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, na que participaron un total de 18 centros escolares e na que non faltou a actuación de Paco Nogueiras.
Un alambique ambulante por terras de Amandi, a primeira fábrica de gaseosas do concello de Laza a comezos do século XIX, unha estampa da vendima, un tataravó palangreiro en terras do Barbanza, ou un concurso de vestidos de bonecas nos anos 50 do século pasado son só algunhas das valiosas imaxes que sacou á luz o certame grazas ao traballo do alumnado. Unha nova e fermosa viaxe pola nosa memoria que, un ano máis, serve para reivindicar a importancia de traballar por dar a coñecer as nosas tradicións e historia.
Prema aquí para ver as fotografías.
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma