HEMATOFESTI
Lendo Caramomia, imos cara Madrid!
Candela Fernández, do CEIP de Laredo, representará a Galicia na final estatal de Pequenos Xigantes da Lectura

Os alumnos e alumnas do CEIP de Laredo practicando antes da gran final. / Cedida
Baixo o paraugas do HEMATOFESTI chegaron a Vigo diferentes figuras do humor, do cine e da literatura, enchendo a cidade de actividades e, sobre todo, de historias, co apelido dun dos tuiteros e autores máis queridos por nenos e maiores, O Hematocrítico.
Pero o evento tamén aterrizou nas escolas, cun concurso onde a lectura en galego ten premio. A actividade Pequenos Xigantes da Lectura leva organizándose en Francia dende fai máis de dez anos, e en España leva por agora un par de edicións, con éxito de participación entre miles de escolares.
Que fai especial á convocatoria de 2024? Pois ademais de estar enmarcada coas actividades do festival de literatura infanfil máis divertido do ano, tamén é a primeira vez que se incorpora a lingua galega nesta iniciativa.
Deste xeito, a rapazada reuniuse o pasado xoves no Auditorio Municipal para ler durante trs minutos un fragmento dun dos seus libros favoritos, practicando así a entoación, a dicción, a súa confianza para falar en público e a capacidade de concentración «ademais de disfrutar moito da lectura» engade Sesi Martínez, directora do CEIP de Laredo e do seu Club de Lectura.
Do seu centro sae a nosa gañadora: Candela Fernández leu Caramomia, de Ledicia Costas, Hematocrítico, Daniel Landesa e María Lado, quen precisamente visitou tanto a ela como aos seus compañeiros nos días previos á gala final. Así deulles distintos tips, como gravarse para escoitar os fallos, e axudounos a interpretar con máis soltura as narracións e os diálogos.
Ben seguro estes consellos se instalaron na cabeciña de Candela, que abraiou ao xurado, como tamén o fixeron todos os seus compañeiros: «Á final acudiron tres (técnicamente catro, xa que contábamos con presentadora!)pois o certame está enfocado a estudantes de 4º de Primaria, pero decidimos que os maiores tomasen un rol organizativo, cronometrando, axudando a escoller os textos e traballando en equipo» explica Sesi Martínez, que conta que primeiro enfocaron a actividade só aos nenos e nenas do Club, pero que o interese foi tan grande que abriron a participación voluntaria para os demais.
Así de arropada está Candela, preparada para participar na final estatal, que terá lugar na Feria do Libro de Madrid o próximo ano, «levando con orgullo a lingua e literatura galegas, primeira vez neste certame» explican dende a organización do HEMATOFESTI.

Premio de Honra "Lenda do recreo" a Manuel Bragado durante o HEMATOFESTI. / Marta G. Brea
Manuel Bragado, “Lenda do Recreo”
“Mestre, editor, escritor e amigo”. Así definen dende o HEMATO FESTI a Manuel Bragado, docente vigués cunha consideración especial pola literatura infantil (editor durante 24 anos en Xerais). Por iso, como homenaxe necesario para todo aquel que traballa no pulo á cativada lectora, o Festival otórgalle o primeiro premio “Lenda do Recreo”.
Como explican desde á organización, son Lendas do Recreo aquelas persoas cunha implicación e labor notable a prol da literatura infantil, como é o caso de Bragado que, ademais, comparte valores que tamén estaban presentes na vida de Hematocrítico: a empatía, a tenrura, o respecto polas crianzas e un profundo amor polos libros.
Outórgaselle como recoñecemento ao apoio incondicional e o afecto que nos profesou a tantas autoras e autores, actuando sempre desde a xenerosidade, o coidado e o acompañamento. «Un editor honesto, impecable e coidadoso que asumiu un papel valioso: tender a man ás autoras e autores, valores que entroncan co espírito do festival» explican «Así sucedeu tamén no caso de Miguel López, Hematocrítico, a quen Manuel Bragado publicou o seu primeiro libro abríndolle as portas do sistema literario galego».
O acto de entrega do premio, o pasado sábado 9 na sede da Deputación en Vigo (dentro da xornada “Queremos Literatura Infantil”) contou tamén coa intervención da escritora Iria Misa, encargada da laudatio, e do poeta Lois Pérez. Despois, o grupo infantil As Tareixas presentou algunhas das súas cancións a xeito de colofón.
No acto reflexionouse tamén sobre o estado actual do sector editorial en Galicia, coa presenza de autoras e autores, editores, profesionais do mundo da ilustración e tamén bookstagramers. Unha oportunidade única para render tributo a Manuel Bragado e a tantas e tantos que, coma el, constrúen o material do que están feitos os soños dos máis pequenos (e non tan pequenos).
- «Trabajo solo por encargo, y tengo una lista de espera de casi dos años»
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Murió de un infarto a las dos horas de que lo atendieran y le diagnosticaran gastroenteritis
- Cazan a un trabajador vigués jugando al pádel en horas de trabajo y contrataca denunciando impagos
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»