A tribo dos mestres
Cal é, para ti, o maior supervilán da educación?
As ‘Merendas pedagóxicas’, organizadas polas mestras Ana Lorenzo e Nuria Feijóo, estrean o seu terceiro curso ofrecendo un espazo “quentiño e a resgardo” para a comunidade docente

Creada con Open IA - Copylot
Doce e salgado: café, té, refrescos, tequenos, empanadas, arepas, tartiñas. Falar, rir, comer, desafogarse. Vivimos polas mesas cheas e pola xente que se senta nelas ao noso lado e nos fai rir e sentir entendidos, aínda que sexa polo menos un anaquiño. Xa o dicían algunhas das asistentes entre o rebumbio da reunión: «Máis que ‘Merendas pedagóxicas’, habiades de chamalas merendas terapéuticas ou terapias pedagóxicas!»
O día prometía sol, pero ao final gañaron o vento e a choiva que este xoves de finais de outubro bateron contra as enlousadas rúas da cidade termal. Ás cinco da tarde, no número 34 da ourensá Cardenal Quevedo, volveron as ‘Merendas pedagóxicas’, organizadas polas mestras Ana Lorenzo e Nuria Feijóo.
Cumpren xa tres cursos ofrecendo este lugar de reunión e intercambio información coa comunidade docente da provincia, con tempo para debater e abrir novos melóns da actualidade educativa, pero tamén para acoller píldoras informativas, visitas de expertos e recomendacións de todo tipo co obxectivo de que sexan elas, dedicandose a ensinar, as que sigan aprendendo.
Xa lle tiñan gañas á apertura do novo curso da iniciativa algunhas das 24 mestras asistentes, un espazo quentiño e a resgardo da choiva por e para elas no que poder falar sen ter medo de facer barullo, en todos os sentidos. E é que, as merendas, que sempre parten dunha pregunta para romper o xeo, non se andaron con rodeos desta vez e comezaron forte a súa andaina no curso 2024 - 2025: ¿Cal é, para ti, o maior supervilán da educación?
A burocracia, as ratios, a densidade do curriculum de Primaria ou un proceso de oposición desactualizado foron só algúns dos malvados seres que saltaron á palestra dando pé a un bo rato de charla e intercambio para coller folgos, e tamén ideas, de cara ao novo curso. Os inimigos serán poderosos, pero as superheroínas desta historia —e tantas outras que se viven cada día nos coles—, non se quedan atrás.
«Ao final, cada maestriño ten o seu libriño e nós coñecemos ao noso alumnado» sorrí tras máis de vinte anos exercendo Ángela Quintana, mestra de Infantil no CRA Monterrey e unha das protagonistas das merendas pedagóxicas. Foi ela a encargada da «píldora informativa» desta sesión, na que compartiu unha demostración práctica de ciencia en Infantil co experimento “Cúrcuma Reactiva”.
“Os nenos reaccionan con moitísima sorpresa: É como ‘Ala, maxia!’. Ese é o momento perfecto para explicarlles que non é maxia, senón ciencia, e lograr que lles pique o becho desa cousa chamada ciencia que permite facer cousas incribles”» explicaba a mestra tras máis de dous anos colaborando co Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDIx) na creación dun repositorio de secuencias de experimentos, que todos os docentes interesados poden atopar agora en aberto no espazo web Agora Dixital.
¿O motivo polo que leva acudindo as merendas que comezaron? «Sénteste comprendida porque atopas xente coas túas mesmas inquedanzas e ideas; que non quere quedarse estancada no que aprendemos hai 20 anos, á que lle gusta mellorar, innovar».

As mestras e organizadoras Ana Lorenzo e Nuria Feijóo. / Faro
“Atopas xente coas túas mesmas inquietudes e ideas; que non quere quedarse estancada no que aprendemos hai 20 anos”
“Da esperanza coincidir con outras persoas que, coma ti, tamén queren transformar as cousas”
«Axúdate moito a sentirte acompañada: todas as persoas que estamos aquí queremos transformar as cousas e, ás veces, atópaste moi soa, pero cando ves aquí dáste de conta de que non es a única, da moita esperanza», coincide Almu Alonso, mestra de Tecnoloxía Educativa no Grao de Educación Infantil da facultade de Educación de Ourense.
Mestra de mestres, conta que cumpre máis dun curso acudindo a este «espazo de reflexión informal sobre a práctica docente» e «con moito valor educativo» tanto polo seu nivel de afondamento pedagóxico como pola diversidade de perspectivas que reúne, con profesores e orientadores procedentes de Colexios Rurais Agrupados (CRA), Centros de Primaria e Infantil (CPIS), e mesmo docentes de universidade como é o seu caso.
Un grupo heteroxéneo no que tampouco fallan estudantes de oposición como Andrea Santos González, quen se enganchou ao grupo tras un brunch organizado precisamente para este perfil no que coincidiron estudantes e membros do tribunal: «Coñecimos o seu punto de vista desde o outro lado do proceso, déronnos consellos e sobre todo ánimos» conta a propia Andrea, que describe: «O que máis me gusta é o cómoda que te sentes. Hai cousas que estudas, pero non sabes como funcionan. Estes encontros danche a posibilidade de vivilo e coñecer o cole desde dentro dunha maneira moi familiar»
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda