CEMMA: REDE DE VARAMENTOS DE GALICIA
As historias e curiosidades do fondo do mar
A CEMMA explica a FARO EDUCA as pecurialidades dos animais mariños cos que tratan habitualmente, quédate a descubrir estas historias!
CEMMA
Se alguen coñece de primeira man os segredos que oculta o océano é a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Por iso, hoxe comparten con nós algunhas das curiosidades máis sorprendentes das especies acuáticas, así como algunhas reflexións sobre a contaminación do seu ecosistema.
As tartarugas que se comen todo como o roomba
Un dos problemas máis graves que temos no mar son os residuos de orixe humano e terrestre, de xeito que a columna de auga está chea de lixo, sobre todo plásticos, de todo tipo e tamaño. E estes afectan negativamente a moita fauna mariña, entre elas ás tartarugas.
As tartarugas navegan polo Atlántico dende as súas praias de posta no Caribe usando a corrente do Golfo, que percorre de xeito circular todo o Atlántico no Hemisferio Norte. Un camiño que dura anos, ata que voltan ao Caribe de novo para reproducirse. Pero resulta que as tartarugas mariñas son moi disciplinadas e levan á boca todo o que lles cabe, son coma o roomba, ese aparato que temos na casa e que come todo o lixo que atopa. O problema é que moitos plásticos poden causar graves consecuencias no seu sistema dixestivo.
A Galicia chegan tartarugas mariñas comúns, Caretta caretta, xuvenís, e deben ser recollidas todas para pasar un período de cuarentena nas instalacións da UCI da CEMMA. Durante a primeria semana defecan dúcias de pásticos de todas as formas e cores. Afortunadamente podemos devolvelas ao medio mariño unha vez rehabilitadas co seu sistema dixestivo limpo de lixo.
A súa maxestade o polbo
Os anfibios, réptiles, aves e mamíferos temos o sengue vermello. Iso é pola hemoglobina, unha proteína que está dentro dos glóbulos vermellos, as células do sangue que transportan o osíxeno. Está formada por catro cadeas que levan un átomo de ferro, ao cal se une o osíxeno, e permite o transporte e a respiración celular. Pero non todos os animais presentan este tipo de transporte de osíxeno. Por exemplo, os moluscos e crustáceos en troques de hemoglobina dispoñen de hemocianina , e utilizan un átomo de cobre en vez de ferro. Isto ocasiona que o sangue sexa de cor azul en vez de vermello. Así que a partir de agora debemos tratar aos polbos de maxestade, por ser de sangue azul.
Comportamentos de CONFI
CONFI é un arroaz solitario denominado embaixador, porque socializa cos humanos. Entre as moitas destrezas que ten hai unha que consegue avergoñarnos, pero moito, moito, moito. Hai momentos onde lle gusta exhibirse diante dos humanos e demostrar as súas destrezas, como por exemplo cando salta ou realiza complicados movementos de natación e acrobacias. Pero ás veces cando se atopa con xente diante o que fai é recoller cousas do fondo, obxectos de orixe humano e amosalos sobre a superficie do mar.
Posiblemente trata de ser amable e devolver o que considera de orixe humano e que pensa que se caíu accidentalmente pola borda. Así, un día en Muros sacou cabos, paus, tubos e ata unha silla de praia para a superficie.
Iso é unha verdadeira vergoña porque eses obxectos non deberían estar no fondo do mar.
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- La Audiencia aconseja a un matrimonio de Vigo vender la residencia familiar ante el fracaso de la casa nido
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma
- Un pasajero que subió al tren con destino a Vigo en la estación de Vilagarcía agrede a una revisora de Renfe