Que Halloween nin Juawulin! Dez ideas de disfraces infantís para meter medo neste Samaín
Velaquí van as nosas propostas favoritas para poñercho un pouquechiño máis fácil este ano

Disfrace da Tola dos gatos. / Pinterest
Un ano máis, Galicia prepárase para vivir cos máis peques da casa unha das súas tradicións máis senlleiras. O vindeiro 31 de outubro, o Samaín volverá encher as rúas de toda a comunidade de cabazas, druidas, meigas ou Santas Compañas.
Unha oportunidade xenial para gozar en familia e cos amigos das nosas vilas e escolas que, malia todo, volve chegar acompañada dun gran desafío. Como sabemos que escoller disfrace cos pequenos non sempre é doado, velaquí van as nosas propostas favoritas de Pinterest para poñercho un pouquiño máis fácil este ano.

Disfrace de neno abducido por un alien. / Pinterest
1.- Abducido por un Alien
Xa sabedes o que din: "Hai un galego ata na lúa" así porque non ía haber algún dos nosos compatriotas noutro satélite ou planeta aledaño, que fora, por exemplo, abducido por un alien. Os pequenos amantes do espazo exterior ou a ciencia ficción van flipar con este disfrace!

Disfrace de espantallo. / Pinterest
2.- Espantallo
É un dos nosos preferidos pois con moi pouco esforzo e inversión queda un disfrace de revista. Só precisas un pouco de roupa vella e un pouco de palla para dar vida aos bonecos que os galegos pomos nas leiras para espantar aos paxaros e, de paso, aprender que en galego non existe a palabra Espantapaxaros. O que escoitades: dise Espantallo

Traxe de momia. / Pinterest
3.- Momia
O de momia é outro dos grandes clásicos que non pode faltar: divertida e terrorífica, fácil de facer e unha boa forma de engánchalos a historia a través da cultura exipcia...

Disfrace de cadro. / Pinterest
4.- Cadro artístico
E falando de Cultura... Que chulo quedaría ver a toda unha clase vestida dalgunhas das obras máis importantes da Historia da Arte. Aquí vemos 'A moza da perla' ou 'A Gioconda', pero ben vagaba a pena incluír tamén algún de Laxeiro ou de Seoane!

Traxe de Cruella de Vil. / Pinterest
5.- Malvada de Disney
Encántannos as malvadas de Disney como Cruella de Vil porque nos recordan que ninguén é tan bo nin tan malo como parece. Elas sempre son un si!

Disfrace de Areniña. / Pinterest
6.- Areniña
Seguindo con grandes clásicos televisivos: por orixinal, divertido e diferente, o disfrace de Areniña de Bob Esponxa triunfará en calquera festa que se prece!

Cogumelo. / Pinterest
7.- O outono galego
Cogomelo, esquío, porco bravo ou bosque e demais elementos do outono galego son outros dos disfraces que non poden faltar neste Samaín!

Disfrace de cacharela. / Pinterest
8.- Cacharela
E falando de outono... Xa están a piques de chegar tamén os magostos! Fáltanos tempo para correr a prender as cacharelas! Este traxe é o máis!

O traxe perfecto para toda a familia mete medo coa... Choiva! / Pinterest
9.- Choiva
Claro que se algo nos vai meter medo aos galegos despois do aniño que levamos iso é... A Choiva! Inda por riba é moi doado de facer. Velaquí vai a proposta que contradi aos que din que o disfrace perfecto para toda a familia non existe

Can disfrazado. / Pinterest
10.- Santa Compaña
E o can? O can ten que ir da Santa Compaña e non hai máis que discutir. Cunha saba tédelo feito!
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar