Parecía que non ía chegar, pero por fin temos nas nosas mans os cucuruchos de papel con ducias de castañas para merendar. E nos centros escolares o Magosto é unha festa que non se deixa pasar ningún novembro. Así o demostraron, comendo e xogando no SEI San Narciso (onde os alumnos de FP prepararon xogos populares para os alumnos de primaria) ou con diferentes manualidades e traballos sobre a festa (como no CEIP de Laredo).
O máis importante foi que todos e todas o pasaron xenial, aínda que algúns chegaron a casa coas caras máis negras ca o carbón!