mellor con literatura

“Bye bye, fish and chips... hello patacas con sardiñas!”

Aprender idiomas é máis sinxelo a través do humor: viaxamos coa Caca Cuca ao Reino Unido para mesturar galego e inglés mentres escachamos coa risa!

A caca cuca viaxa a U.K.

A caca cuca viaxa a U.K. / Ed. Galaxia

C. Mañas

“My name is Lucas, I’m 10 years old” ou “I like hanging out with my friends”, acompañado do ocasional “my favourite colour is yellow”.

Non hai nada que máis disfruten os pais que expoñer as habilidades co inglés dos seus fillos. Pero aprender unha lingua non materna, dende cero, pode ser moi complicado. “Por iso son partidaria e impulsora da asignatura English Communication, é dicir, vivir un completo ambiente en inglés, realizar actividades para perder o medo a falar a lingua”. Así o expón Irene Alonso Gasalla, mestra de inglés no insituto galego I.E.S. de Soutomaior e escritora de literatura infantil e xuvenil.

“Hai un concepto erróneo de que a ensinanza temprana causa confusión. Teño a proba de que se os nenos (os meus propios fillos) medran dende bebés escoitando varias linguas, en seguida poderánme construir frases eles sós. Ninguén lles ensinou o que é un verbo pasivo ou un complemento directo, aprenderon escoitando. Canto máis pequeno, mellor”. E un bó sistema para introducir as linguas dende cativos é a lectura.

Así, da tinta de Irene Alonso naceu A Caca Cuca, unha simpática personaxe que, nesta ocasión, viaxa a U.K.

IRENE ALONSO GASALLA

IRENE ALONSO GASALLA / Cedida

Ler a soas ou coa familia

Faltaba algo para que os nenos lesen en inglés. Non hai adaptacións atractivas para a infancia, e cando ocurre pérdese moito coa tradución ou toman un estilo ‘bilingüe’ (anacos en inglés nun lado, anacos en galego noutro). Con A Caca Cuca Viaxa a UK o que facemos é unha fusión de ambos, de xeito que o que aporta a frase en galego sexa suficiente para dar contexto á frase en inglés” sinala Irene, que invita a que as familias participen tamén na lectura destes contos acompañando aos máis cativos.

“A Caca Cuca está preparada tamén para pais que queren ler aos seus fillos, pero non controlan o idioma; mentres que funciona para nenos e nenas que empezan a ler sós, interesándose poco a pouco polo inglés”. A Caca Cuca utiliza tamén o ‘truco’ de rimar galego e inglés, de xeito que o mix resulta moito máis natural. No conto atopamos á Caca Cuca desesperada polas rúas de Londres, atopando cada vez máis impedimentos á vida tranquila que buscaba, escapando dos peregrinos que a pisaban cando andaba por Galicia. Finalmente decide regresar a casa, porque non hai nada mellor que estar na terriña.

“...e tanto me ten que os english dogs leven coroa ou cueiro. Prefiro Galicia; que eu son máis de can de palleiro

E é que o humor é hiper necesario á hora de trasladar conceptos. “Dende o lúdico sempre entran mellor, porque espertamos a súa motivación. Se ademais causamos a risa, xeramos moita máis ilusión por aprender”.

Aí é onde entra o elefante na habitación: unha caca protagonizando unha historia? “Hai un par de anos acababa de sacar un relato sobre temas moito máis serios (As Cicatrices do Caranguexo). Tan serio, que pensei que sería necesario facer algo completamente disitinto, distentido e tolo. Ao mesmo tempo, estaba farta de ver e pisar cacas polo chan cando paseaba cos meus fillos. Así xurdíu a idea da Caca Cuca, que anda sempre zisgada no chan, e non quere! Ademáis, a escatoloxía sempre resultou moi chamativa para os nenos, pero non se deu o caso onde a propia caca sexa a protagonista, a narradora da historia”.

A presentación de A Caca Cuca terá lugar o próximo venres 16 de xuño no Museo de Pontevedra ás 18.00 da tarde. “Aprenderemos a dicir esas palabras escatolóxicas que non se estudan nos libros de texto de inglés, mediante o xogo; leremos o conto e, como colofón final chegará Cuca, recién chegada de U.K., que o fará coa maleta repleta de souvenirs moi británicos”. Nice!