Y TÚ, ¿QUÉ OPINAS?

Educación? inclusiva?

Educación? inclusiva?

Educación? inclusiva? / SHUTTERSTOCK

Breogán Riobóo Lois, traballador social e profesor

Concibida ao estilo das tradicionais cartas ao director, FARO EDUCA vén de crear unha nova sección para dar espazo propio á voz de docentes e familias. Se ti tamén queres compartir a túa opinión, podes enviar un correo ao contacto@faroeduca.es co asunto “¿Y tú? ¿Qué opinas?” en maiúscula. Os textos deben presentar unha extensión de entre 250 e 300 palabras e vir acompañados de nome, apelidos e descrición de quen a firma.

Educación inclusiva é atención personalizada, recursos humanos e técnicos, inversión, adaptación... Mais, sobre todo, crer no potencial da infancia e adolescencia, futuro do país. Significa promoción da autonomía persoal dende a filosofía de vida independente, que cada persoa sexa protagonista do seu proxecto vital. Esta filosofía leva 60 anos con nós e impulsou os cambios profundos na comprensión da discapacidade. Antes completábase á persoa, facíase normal, baixo o criterio médico do bo e saudable. O persoal facultativo decidía por riba delas, aínda que non fose a que elas querían vivir. 

Canda a filosofía emerxeu o modelo social que repara nas inxustizas que a sociedade pon ás persoas diferentes: catro semáforos con sinais sonoros para persoas cegas nunha cidade; edificios públicos sen accesibilidade cognitiva; etc. Este modelo xerou dúas concepcións coas que interactúa: a diversidade funcional, que valora a diferenza como enriquecedora das sociedades; e o enfoque de dereitos, asentado na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU. 

A educación inclusiva é un dereito esencial, mais hai profesionais nalgúns equipos de orientación e centros que se resisten a aceptar estes avances. Negan este dereito coa conivencia da inspección educativa e, por extensión, da Consellería de Cultura. 

Ourense (provincia) ten un centro referente para o alumnado xordo, con tres alumnos usuarios da lingua de signos española, recoñecida por lei no 2007 garantindo modelos educativos bilingües (lingua de signos e lingua oral) de libre elección polo alumnado xordo, con discapacidade auditiva e xordocegas. No centro néganlle o uso desta lingua e redúcenlles horas de intérprete de lingua de signos que deberan ter individualmente toda a xornada lectiva. Educación? Inclusiva?