Cada 25 de novembro dedícase á eliminación da violencia contra a muller. Unha data que, malia os avances propios do século XXI, segue a ser necesaria, e que cada vez máis escolas utilizan para traballar os conceptos de igualdade e loita.

O machismo e os seus efectos na sociedade están moito máis apegados á nosa cultura do que pensamos, e unha proba diso está no refraneiro: “Muller ao volante, perigo constante”, “Dixo un sabio doutor, sen celos non hai amor” ou “Mais vale un home de palla que unha muller de prata”.

En moitas ocasións, somos capaces de repetilos sen darnos conta do que realmente estamos a dicir. Isto ocurriu no CEIP A Carballeira, en Pontevedra. “Estábamos traballando cos refráns el lingua galega, e os meus alumnos usan a miudo iso de ‘os más reñidos son los más queridos’” conta Charo, unha das mestras que, a partir desta crise atopou unha oportunidade: “Propúxenlles pensar no seu significado e buscar máis, para analizalos”.

Tras reescribir os refráns, organizaron unha pequena manifestación. Cedida

Isto levou aos rapaces a reflexionar sobre o concepto de feminismo: é o contrario de machismo? “Chegamos á conclusión de que non, xa que o feminismo non pretende a superioridade da muller, senón que busca a igualdade”.

E tras este debate, a clase de galego volveu aos refráns. “Foi entón cando decidimos cambialos a un enfoque igualitario”.

Así, dende o CEIP A Carballeira, de decidiron tomar estes refráns tan desafortunados e convertilos en frases de empoderamento.

Unha das pancartas cos refráns empoderantes do alumnado. Cedida

A data estaba clara, o 25 N. Charo, foi unha das profesoras que coordinaron a iniciativa: “Decidimos ir máis aló co traballo dos ditos populares, escollendo os que nos parecían pouco igualitarios ou que cosificaban á muller, dándolles unha volta para buscar a igualdade”.

En concreto, foi o alumnado de sexto curso o que se encargou de analizar os refráns e de reescribilos dándolle esa “volta” tan necesariana sociedade actual.

“Muller ou home ao volante, con seguridade constante”, “Dixo un sabio doutor, con confianza hai amor” ou “Igual han de valer, un home e unha muller”.

Unha vez elaborados estes refráns novos, os colocaron en grandes pancartas con chamativas lustracións: “Tamén se merece unha felicitación o resto do alumnado de Primaria, que adaptaron os cambios tamén cos seus debuxos”.

E como a data e a ocasión así o merecen, colleron as pancartas e, para dar visibilidade ao seu proxecto, saíron á rúa para camiñar unha pequena manifestación.

E ti, que podes facer coas mans?

Pero no CEIP A Carballeira non só conmemorou o 25 N o alumnado de Primaria. Porque os nenos e nenas de Infantil fixéronse unha pregunta: “Que cousas marabillosas podemos facer coas nosas mans?” 

As respostas foron moitas: cociñar, amar, voar, camiñar, abrazar, agarimar, construír, limpar, camiñar como arañas, acompañar... 

“Pero ningunha é molestar ou pegar. Con esta idea, saímos ao porche e festexamos a sorte que temos de ter unhas mans tan xeitosas, e tamén a fortuna de ser un gran equipo.”