Divulgación

Esta sección de 'Ciencia para o día a día’ elabórase coa colaboración de persoal do CSIC a través da Unidade de Cultura Científica CSIC-Galicia. Luisa Martínez Lorenzo é responsable da Cultura Científica CSIC-Galicia.


Agora, co inicio do curso escolar, chegan a casa os chamados “libros de texto”, que están cheos de contidos académicos co que alumnado e docentes terán que traballar nas aulas. 

Pero hai outro xeito de achegar o coñecemento científico á rapazada, más entretido e atractivo: a través dos libros informativos ou de non ficción.

Baixo este nome atópanse eses títulos que ofrecen información rigorosa e adaptada (na maioría dos casos!) sobre temas diversos, que dan pistas para entender o mundo, ao tempo pque fomentan o pensamento crítico ou queespertan a curiosidade, entre outras características. 

A calquera persoa que que lle gusten os libros, de seguro que xa hai tempo que se decatou de que os exemplares máis informativos invaden bibliotecas e librerías.

Son case sempre moi fermosos, porque as ilustracións e o deseño son parte importantes destas obras, e atópanse de case tódolos temas: dinosauros, corpo humano, funcionamento das máquinas, natureza, deportes... 

Na Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia utilizamos os libros (ben sexan álbums ilustrados, novelas, ou incluso cómics) para achegar o noso traballo á rapazada.

Temos moitos títulos favoritos, dos que deixamos por aquí unha escolma.

Portada de Oceánicas

Portada de Oceánicas Cedida

Hai moitos máis, pero estes son especiais para nós:

Os nosos mares

  • Autores Diego García, Noela Sánchez, Jorge Pascual.
  • Ilustracións: Clara Cerviño.
  • Editorial: Cooperativa Miudiño

Estamos ante un libro case sen texto coas fermosas ilustracións da nosa ilustradora científica favorita, Clara Cerviño.

Da o mesmo a túa idade. Este é un álbum deses nos que apetece petiscar. Mergullarse nas páxinas e pasar tempo observando os detalles: especies animais e vexetais, paisaxes mariños... 

E todo co asesoramento de persoal da Universidade de A Coruña e do CSIC.Unha marabilla.

El mar recordará nuestros nombres 

  • Autor: Jabier de Isusi.
  • Editorial: Planeta Cómic.
  • En colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación, e o CSIC.

Trátase dunha novela gráfica con ilustracións en acuarela ,que recolle a viaxe da Real Expedición Filantrópica da Vacina na que partiron, en 1803 do porto de a Coruña, nove homes, 22 nenos e unha muller cara América.A misión desta singular tripulación era vital: levar a vacina da varíola para protexer a centenares de miles de persoas do temido virus. 

Imprescindible coñecer esta historia real, chea de heroes anónimos (moitos galegos) e con información rigorosa sobre as vacinas. 

Oceánicas: Pioneras de la Oceanografía

  • Autor: Pablo Lozano.
  • Ilustracións Antonia Calafat
  • Edita: IEO CSIC.

Este singular álbum é parte do proxecto Oceánicas, liderado Instituto Español de Oceanografía (IEO, Centro Nacional del CSIC), e que conta a traxectoria vital de 20 mulleres dedicadas á investigación mariña.

Algunhas fixeron grandes proezas como dar a volta ao mundo nun tempo no que as mulleres eran invisibles. Outras loitaron por poder dedicarse á investigación no ámbito científico, no que non tiñan cabida. 

As hai de todas partes e unha delas, é galega.

Non hai escusa, o libro completo pódese descargar de balde na páxina do proxecto: https://oceanicas.ieo.es/historias-de-pioneras/