“Os beneficios das bacterias mariñas poden acabarse se contaminamos as rías”, é un dos temas do calendario de 2022 do Campus do Mar (Universidade de Vigo), que cada mes recolle a figura de dous investigadores. ‘Scientist meet artists’ é unha iniciativa na que ciencia e arte van da man. Ilustradores e científicos encontráronse e traballaron xuntos durante un ano para producir 12 láminas que celebran a Década dos Océanos da UNESCO.