Un millar de docentes xa completaron o curso online de "Acoso escolar, prevención, detección y tratamiento" que se imparte telemáticamente desde o Centro Autonómico de Formación e Innovación-Aula Virtual (CAFI), que depende da Consellería de Educación. Dende o centro formativo recoñecen a alta demanda (e puntuación) que recibe esta formación entre o profesorado, con alta tasa de finalización (máis do 90%), tras concluir a décima edición do mesmo.

Entre os autores desta formación virtual atópase Francisco Javier Pérez Aznar, que explica a importancia de trasladar o foco antiacoso a campos como os clubs de deporte, academias de baloncesto ou fútbol. Este membro de TEI (Tutorial entre iguais) avanza que Galicia acollerá o próximo congreso, que se celebrará en maio na localidade de Sada.