Chega o 7º Concurso de Debuxo e Vídeo Grupal “Cíes, o paraíso de todos”. Pódese participar de dúas formas: de xeito individual ou grupal. Se queres ser un dos gañadores do concurso individual, tes que facer un debuxo sobre as Illas Cíes: como as ves, o que máis che gusta delas, os tesouros imaxinarios, a súa fauna e flora. Con imaxinación seguro que saen uns magníficos debuxos! O pasado día 22 entregouse co FARO unha lámina para facer o debuxo. En caso de que non tiveras oportunidade de obter a lámina por esta vía, pódese descargar no seguinte enlace (https://mas.farodevigo.es/illascies(concurso/descargas). Nesta parte individual poden participar nenos de Educación Infantil e Primaria. Iso si, os debuxos deben ser individuais, feitos por cada neno/a. Como facer para envialos? Poden enviarse por correo electrónico a través do formulario que aparece en mas.farodevigo.es ou ben a través do correo ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es. Tamén poden entregarse fisicamente na oficina de Faro de Vigo de Policarpo Sanz, 22, nas instalacións do xornal en Chapela (Avda. Redondela, 9-Chapela) ou nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago ou Pontevedra. Tamén no quiosco habitual ou por correo postal a: “Concurso Cíes, o paraíso de todos”. Avda. Redondela, 9-Chapela, 36320, Vigo.

A parte grupal deste concurso, organizado por FARO, Concello de Vigo e FCC Medio Ambiente, consistirá na realización dun vídeo colectivo sobre as illas, elaborado por colexios, asociacións, grupos de amigos, etc...Na parte colectiva poden presentarse os escolares de Infantil e Primaria e tamén alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Os vídeos terán unha duración máxima de 5 minutos, deberán enviarse por correo electrónico mediante Wetransfer, Drive ou similar. A admisión dos traballos remata o martes 30 de novembro. En cada categoría individual haberá tres finalistas e na colectiva un por cada tramo de idade. FARO publicará no xornal do venres 10 de decembro o listado dos gañadores. A_entrega de premios será tamén no mes de decembro.