LECTURAS EMOCIONANTES
Oli: "Estas historias nacen das 'Filastroche' italianas"
"Ratos na escola" forma parte desta serie de libros creados por Xosé Manuel González

Xosé Manuel González (Oli).
Son uns ratos divertidos en continuo movemento. Xosé Manuel González (Oli) é o autor de "Ratos na escola", unha serie de divertidos libros cuns protagonistas moi especiais.
En que se inspira para estes libros 'dos ratos'?
Parten dunha experimentación coa estrutura poético-narrativa a partir de modelos da literatura popular, máis nomeadamente das Filastroche italianas mesturadas con algunha pequena homenaxe a un conto sen fin galego que meu pai me contaba.
Por que ratos?
Os ratos teñen un simbolismo moi forte na vida dos nenos e nenas e as casualidades da vida fixeron que un ratiño viñese a vivir ao radiador da que era a miña clase, xa non puiden evitalo. 'Ratos na escola' ía ser o segundo título, pero non estaba satisfeito co que tiña e púxenme cos 'Ratos de viaxe'.
Patinetes, ximnasio, plástica, música... Cal é a mensaxe principal?
Non hai mensaxe, hai xogo, divertimento tanto coas palabras como nas tramas dos libros.
Que resposta obteñen dos pequenos cando len estes libros?
Parece que os nenos se emocionan porque as nais páranse na rúa e dinlles aos fillos este señor é o que escribiu 'Os ratos da casa' e é emocionante ver que os saben de memoria. Iso quere dicir que os recursos que empregas funcionan e parece que o percorrido dos libros non se esgotou e son demandados.
Cal é a clave para que guste tanto aos nenos/as?
Eu creo que o aspecto lúdico e o humor son os ingredientes que os fan atractivos.
As ilustracións teñen un papel fundamental.
Nun álbum ilustrado a ilustración é un fundamento do éxito e Natalia Colombo é unha profesional creativa e que sabe entender o espírito das historias, ademais de que aporta elementos gráficos que enriquecen a narración literaria e intensifican o pracer da lectura.
Que ten que causar un libro nun pequeno/a, segundo a súa opinión?
Pracer a súa lectura e o desexo de volver a el unha e outra vez. Son partidario dos libros que non se esgotan na primeira visión.
Eu teño dous netos e cando sorprendo á máis vella esbozando un sorriso co conto que lle estou a contar ao pequeno é marabilloso porque hai algo que une dúas idades tan dispares. Os bos libros rompen todas as barreiras.
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo