Que é o que máis che preocupa da situación sanitaria provocada polo COVID?

-Enfermidade, non ver os amigos, xogar, viaxar...

Cando pensas que se vai solucionar esta situación de confinamento?

-Tardará moito, nunca... tardará pouco, moi pronto.

Estas son algunhas das preguntas de ‘Confinare’, o experimento levado a cabo no Colexio Divino Salvador, impulsado polo artista plástico multidisciplinar Xosé Luis Otero. O alumnado tiña que escoller unha das respostas. Cada unha delas levaba asignada unha cor. Coa composición cromática exposta nun panel é posible percibir as distintas tonalidades. E así, unindo a plástica e as emocións, foi posible comprobar como se sentían os rapaces e as rapazas nos momentos máis complicados da pandemia, logo do confinamento.

A visita do pintor Xosé Luis Otero supuxo utilizar a pintura como medio de expresión: tratábase de ver como afectaba a situación de pandemia ás relacións persoais e á sociabilidade dos rapaces e rapazas.

Alumna del Divino Salvador expresando a través de la pintura.

Que se analizaba? “Vemos como as preguntas vehiculizan, a través da situación da pandemia da COVID-19, a abordaxe de diferentes dimensións psicolóxicas:

  1. a capacidade de empatía e a conduta prosocial ou sentido do altruismo.
  2. a dimensión optimismo/pesimismo.
  3. e a confianza no sistema.

A capacidade de empatía, habitualmente adoita entroncar coa conduta prosocial e cunha maior capacidade para comprender e profundizar nas emocións propias e alleas”, expresa o artista logo deste proxecto co alumnado de 5º e 6º do CPR Plurilingüe Divino Salvador.

“Os rapaces/as cunha elevada emocionalidade tenden a amosar unha maior preocupación e ubicar as súas respostas na área inferior-esquerda da táboa: dentro da elevada emocionalidade, dependendo do grao desta, podería provocar diferentes niveis de anguria e ansiedade, podendo producirse, no grao máis extremo, respostas na liña do medo, do pesimismo e da desconfianza. No caso dun nivel menor de emocionalidade, as respostas tenden a ubicarse na área superior-dereita da táboa, reflexando caracteres máis individualistas. O nivel medio de emocionalidade estaría no centro da táboa: unha visión máis axustada á realidade, con probabilidade de maior madurez e axuste emocional”, expresa o autor.

Panel coas respostas.