No CPR Daniel Castelao crearon unha canción "moi especial". Son alumnos e alumnas de FP Básica que durante un tempo e por distintas circunstancias perderon a motivación e nesta modalidade de Formación Profesional intentan buscar o seu camiño. Traballaron nos últimos meses nun proxecto coa profesora Tania Rodríguez que culminou, precisamente, coa gravación dunha canción para o Día das Letras 2021. Este é o vídeo co tema "Fonte de Poder Brutal". Parabéns rapaces/as!