Despois das vacacións de Nadal, os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Fonte Escura retomaron a rabiosa actualidade para o xornal dixital que editan, cunha entrevista á premiada escritora viguesa Ledicia Costas a través do videochat. Os intrépidos xornalistas propuxéronse un desafío para o seu próximo "convidado" vía streaming. E así lanzaron unha mensaxe a través de vídeo para invitar ao futbolista do Celta Iago Aspas para a próxima entrevista de “As Novas de Bunti”. Agora queda que "O Príncipe das bateas" recolla a luva.