Pulpos, peces, estrellas de mar... toda la fauna y la flora de las Islas Cíes reflejadas en los dibujos ganadores de la VI edición del Concurso de Debuxo “Cíes. O Paraíso de todos”. Con distintas técnicas, alumnos y alumnas que enviaron sus propuestas dibujan, desde sus perspectivas, un archipiélago “cuidado y colorido”; unas islas muy sanas desde el punto de vista medioambiental, ya que son muchas las obras que insisten en evitar basura y residuos.

La gala de entrega de los premios de esta VI edición del concurso patrocinado por el Concello de Vigo, la compañía FCC_y FARO DE VIGO, se celebró el pasado viernes en el Auditorio Mar de Vigo con todas las medidas de precaución necesarias debido a la situación sanitaria actual. El alcalde, Abel Caballero, en presencia de Mabel Ayo, de FCC, y de Pedro Costa, gerente de FARO, entregó los galardones a los escolares ganadores. En la categoría individual, de dibujos, se llevaron los premios...

Infantil:

-Valeria Franganillo Martínez (1º)

-Tabatha Gontán Macías (2º)

-Leila Frédérique Bouts (3º)

1º y 2º Primaria:

-Pablo Hermida Quintela

-Uxía Durán Lorenzo

-Alén Loureiro Pintos

3º y 4º de Primaria:

-Izan González Quintas

-Carla Piñeiro Pérez

-Iván Costas Gil

5º y 6º de Primaria:

-Diego S. Rodríguez Varela

-Natalia Pérez Costas

-Ana García Villar.

Cada uno de los ganadores se llevó su pintura enmarcada y un bono-regalo de un viaje a las Cíes para dos adultos y dos menores.

En esta edición participaron en el Concurso “Cíes. O paraíso de todos” 2.826 estudiantes, 700 más que en la anterior edición, según datos aportados por la organización. Caballero felicitó a todos los participantes y expresó su deseo de que las Cíes sean Patrimonio de la Humanidad.

O COIDADO DOS ECOSISTEMAS DAS CÍES NOS VÍDEOS

Era a primeira vez que neste concurso era posible enviar vídeos sobre as Illas Cíes, coa modalidade de premios colectivos a colexios incorporada na actual edición (a VI) do Concurso de Debuxo “Cíes. O paraíso de todos”. As composicións audiovisuais enviadas polos centros educativos foron toda unha sorpresa para o xurado destes galardóns, con guións orixinais, dende historias de tesouros, ata expedicións científicas e auténticas obras de teatro con datos e anécdotas históricas.

Seis colexios foron seleccionados polo xurado como ganadores da modalidade colectiva: de elaboración de vídeos. Representantes de cada un destes centros educativos ganadores recibiron o galardón o pasado venres nunha gala celebrada no Auditorio Mar de Vigo. Os ganadores foron: CEE_Saladino Cortizo, CEIP Igrexa Valadares, Colexio Divino Salvador, CEIP García Barbón, Colexio Ángel de la Guarda e Colegio Alborada.

Dende o Centro de Educación Especial (CEE) Saladino Cortizo optaron por unha compilación de debuxos sobre o arquipélago.

Os escolares do CEIP Igrexa Valadares tamén mediante debuxos e narrando a historia entre todas e todos os alumnos, crearon un vídeo sobre unha ave acuática que vivía nas Cíes. Van aparecendo máis animais propios da illa representados nos debuxos que se van sucedendo na peza audiovisual.

No Colexio Divino Salvador, outro dos premiados na modalidade colectiva desta VI Edición do Concurso de Debuxo “Cíes. O Paraíso de todos”, representaron unha auténtica obra de teatro, con distintas situacións que levan a diferentes contextos históricos. Mediante a figura de ‘Maruxa a intrépida’, introducida por unha avoa que conta unha historia a un grupo de pequenos e pequenas, comeza unha auténtica aventura na procura dun tesouro.

O vídeo do CEIP García Barbón consiste en varias escenas nas que os propios pequenos e pequenas son os protagonistas. Como? Narrando todo o que hai nas Illas Cíes, dende a súa particular experiencia e ollada. Están no mar. Hai que ir en barco. Hai moitos espazos verdes. E un sol fermoso. Tamén hai cabras, apunta un dos protagonistas. Area, cunchas, pedra... hai auga tamén. Hai xeados. E se hai nubes non se ven ben.... Son as simpáticas descricións que realiza o alumnado deste centro de educación infantil e primaria de Vigo.

O Colexio Ángel de la Guarda foi outro dos premiados nesta modalidade colectiva do VI concurso de debuxo. O alumnado narra no vídeo seleccionado unha viaxe ás illas o pasado verán de cinco compañeiros, e van contando a experiencia da viaxe... pero a historia complícase. E destacan o papel das gaivotas no arquipélago. Nesta peza audiovisual o alumnado mestura fotos das Cíes con debuxos.

Tamén o Colexio Alborada optou por narrar unha das súas viaxes ao arquipélago, ao que van habitualmente para buscar mostras e facer as súas expedicións científicas. Contan desde a partida no porto de Vigo, a chegada, o campamento, as tendas de campaña... e tamén con fotos reais explican a exploración do ecosistema das illas que eles e elas mesmos realizan.Introdúcense nas charcas e investigan os ecosistemas.

O galardón para cada colexio ganador? Unha excursión ás illas para toda a clase.

Podes consultar AQUÍ todos os traballos ganadores desta VI edición