“Non poñas límites ao teu potencial. Moitos dos límites que nos poñemos a nós mesmas non existen realmente. Creounos a sociedade e a xente que está nas nosas vidas”, expresa Brianna Copaul, experta en computación cuántica. A elección por parte das rapazas de carreiras científico-técnicas é inferior á dos rapaces e a porcentaxe de alumnas matriculadas descendeu nos últimos anos. Por que hai tan poucas mulleres nos estudos e profesións relacionadas coas enxeñarías? Son varios os factores que afectan pero ter referentes femininos nestas profesións é fundamental. A través destas ilustracións feitas por Marta Riera, ex-profesora da Facultade de Belas Artes, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres destacadas no mundo da enxeñería e a informática, un recurso incorporado á Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

1._Brianna Gopaul (2003). Aos 11 anos Brianna cuestionábase como funcionaba o mundo. Estas inquedanzas levárona a contactar con The Knowledge Society, unha aceleradora para estudantes. Así foi como pasou de ser unha nena que admiraba a científicos a ser unha adolescente que traballaba coas tecnoloxías que revolucionarían o noso mundo. É experta en computación cuántica e intelixencia artificial.

2._Carol Shawn (1995). É unha enxeñeira e informática coñecida por ser a primeira muller deseñadora de videoxogos profesional. O seu interese pola informática e, en concreto, polo deseño de videoxogos comezou na súa etapa de secundaria, ao descubrir que se podía utilizar o ordenador para xogar. Segundo conta, no seu instituto existía unha aula de informática á que lle intimidaba ir, xa que “parecía que eran maioritariamente rapaces os que a usaban”, pero iso non a detivo para usala tal e como facían eles. Sempre foi unha rapaza con intereses que se afastaban do tradicionalmente feminino. En 2017 recibiu o premio Industry Icon Award dos The Game Awards polas súas contribucións á industria.

3._Grace Murray (1906-1992). Considerada a precursora da linguaxe Cobol, que permitiu que xente pouco especializada puidese programar, ao sentar as bases para a evolución da informática. Estudou física e matemáticas na Universidade de Vassar e doutorouse en Yale. En 1952 desenvolveu o primeiro compilador da historia, o A-O, e en 1057 realizou o primeiro compilador para procesar datos que usaba ordes en inglés, o B-O (Flow-Matic).

4. Radia Perlman (1951).  É creadora de soporte lóxico (software), enxeñeira de redes e experta en seguridade. Actualmente traballa para a Dell EMC en Seattle, tras ter traballado para Intel. Popularmente está considerada como “a nai de internet”, segundo a información recollida no traballo de documentación da Unidade de Igualdade da UVigo.

5. Ana María Prieto López (1042). Pioneira en Galicia en programación informática. Nada en Santiago, con 9 anos marchou a Madrid. Estudou Farmacia pero o que lle gustaba era “algo novo”. En 1969 regresou a Santiago como programadora e formou a programadores. “Era un mundo todo de homes”, lembra.

6. Emmanuelle Charpentier (1968).  Esta microbióloga e bioquímica francesa é a directora do Instituto Max Planck de Bioloxía da Infección en Alemaña, compaxinando esta actividade coa súa praza como profesora visitante no Centro Umea para a Investigación Microbiana.

Destacadas. Unidade de igualdade.

7. Jennifer A. Doudna (1964). Esta bioquímica estadounidense é catedrática de Química e Bioloxía celular e molecular na Universidade de California, Berkeley, tarefa que compaxina coa investigación no Instituto Médico Howard Huges.

8. Alice Guy.  Foi a primeira persoa que usou o cine para contar historias, a visionaria Alice Guy, aínda que o seu nome quedou no esquecemento. En abril de 1896 dirixiu ‘La Fée aux Choux’, a primeira película con moitos trucos visuais.

9. Nicole-Reine Lepaute. Nada en 1723, Hortense Lepaute ou Hartense Lepaute foi unha matemática e astrónoma francesa que predixo a volta do cometa Halley, calculou a engranaxe de distribución dunha eclipse solar e construíu un grupo de catálogos para estrelas.

10. Andrea M. Ghez (1965).  Foi a primeira muller astronauta grazas ao apoio da súa nai. É profesora no Departamento de Física e Astronomía da Universidade de California en Los Ángeles. É a cuarta muller que gaña o Premio Nobel de Física, en máis de 200 galardóns.

11. Theano (século VI a.C.). A matemática e filósofa naceu en Crotona no século VI a.C.. Foi unha figura destacada na escola pitagórica: foi alumna, logo mestra e, posteriormente á morte de Pitágoras, pasou a dirixila. Débese a ela o tratado que proba a irracionalidade do número áureo.