Fomentando valores
25-N: A importancia de ocupar espazos relevantes
Dar visibilidade a mulleres que destacan en ciencia e tecnoloxía pode animar as máis novas a optar por este camiño: esta é a filosofía do programa 'Inspira STEAM'

Presentación de 'Inspira STEAM' para este curso, con Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo.
R. C. /Vigo
Descenso de matrícula en carreiras de ciencias e tecnoloxía. E son necesarias referentes para que as alumnas do presente pensen no futuro, un futuro no que as profesións vinculadas á tecnoloxía e á dixitalización terán moito peso.De aí a necesidade de modelos de referencia porque, en definitiva, dar visibilidade a mulleres en postos destacados anima tamén ás máis novas.
Ese é un dos retos do programa Inspira STEAM (Ciencia,Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) posto en marcha pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra por primeira vez en 2018 e acaba de ser presentado para o actual ano académico. Porque a representatividade da muller tamén é importante, a visibilidade e ocupar espazos relevantes.
A porcentaxe de matrícula de mulleres en certos grados é baixa e descendeu nos últimos anos. Por exemplo, son o 24,5% en Enxeñería e Arquitectura, un 12% en Informática, un 8% enTelecomunicacións e un 11% en Física. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou que esta situación “supón que as mozas se están a matricular por debaixo da media naquelas carreiras que van supoñer a actividade non xa do futuro, senón do presente”. “Esas carreiras estarán presentes en todo o desenvolvemento económico do mundo e van permitir a creación de empregos de maior calidade e mellores salarios. E se non temos mulleres estaremos en inferioridade de condicións. Teremos a un número inferior ao 50% de mulleres que se dediquen a esa actividade humana que vai ser a que vai provocar a innovación, a investigación e o desenvolvemento. E se a metade da poboación non está nestas cuestións que teñen que ver coa ciencia, coa innovación e co cambio da economía, a humanidade estará coxa”, argumentou.
A porcentaxe de alumnas baixou en graos científico-tecnolóxicos, ata un 12% en informática ou un 11% en Física
"Se a metade da poboación, que somos as mulleres, non está nas cuestións de ciencia, innovación e cambio da economía... a humanidade estará coxa", apunta Silva
“O que pretende este programa é motivar ás mozas da provincia e que poidan ter instrumentos que lles permitan ser conscientes da importancia de optar por estas carreiras”, segundo Silva,
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda