O alumnado galego é moi respectuoso, tamén con xente doutras culturas. Nos rankings elaborados polo Informe PISA 2018 (Competencia Global) Galicia aparece nos postos máis altos en nivel de respecto cara outras culturas e nacionalidades. A comunidad galega está significativamente por encima da media nacional.

No ‘Índice de respecto do alumnado por persoas doutras culturas’ Galicia aparece como segunda comunidade con maior nivel, con 0,44 puntos. A comunidade que máis destaca neste ranking é Canarias, cun 0,52, e nos primeiros postos aparece tamén Melilla (cidade autónoma), cun 0,48. Neste caso a media en España é de 0,38, de maneira que o alumnado galego estaría moi por riba, nos valores de respecto, convivencia, comprensión da diversidade e solidariedade.

Nesta listaxe figuran despois de Galicia Castela e León, Murcia, Cantabria, Asturias, Extremadura, A Rioxa, Navarra, Castela-A Mancha, Andalucía e Aragón. As cinco primeiras están por encima da media española e as demais xa figuran por debaixo dela. Xunto a este segundo grupo, as comunidades con peores postos, sempre segundo o Informe PISA, son País Vasco, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Cataluña, que se moven entre 0,30 e 0,31 puntos. Se se pon o foco nos países, España ocupa neste caso o mellor posto, o número un, con 0,38 puntos. Na listaxe ocupa o segundo posto Canadá, Escocia o terceiro, Irlanda o cuarto e Corea o quinto. Continúan no ranking México, Australia, Nova Zelanda, Portugal, Alemania, Francia, Suíza, Turquía, Chile, Malta, Croacia, Islandia, Eslovenia, Lituania, Rumanía, Polonia, Grecia, Letonia, Colombia, Italia, República Eslovaca, Bulgaria e Hungría.

Outro dos cadros mide a actitude do alumnado cara os e as inmigrantes. Tamén neste caso Galicia ocupa un lugar destacado no ranking, con 0,53 puntos. Canarias e Melilla están de primeiros na listaxe, con 0,56 puntos e a media no país é de 0,39.

Neste indicador ocupan os seguintes postos no ranking Cantabria, Asturias, Castela e León, Murcia, Extremadura, Navarra e A Rioxa. Todas estas comunidades están por riba da media. Figuran por debaixo: Andalucía, Castela-A Mancha, Aragón, Illas Baleares, País Vasco, Comunidade Valenciana e Cataluña. Neste caso España figura no cuarto posto do cadro. Ocupa, cun 0,47, o primeiro posto Portugal. Continúan na lista: Canadá, Corea, España, Escocia, Irlanda, Nova Zelanda, Australia, Islandia, México, Chile, Alemania, Croacia, Colombia, Lituania, Suíza, Eslovenia, Malta, Grecia, Austria, Romanía, Italia, Estonia, Turquía, Bulgaria, Letonia, Polonia, República Eslovaca e Hungría.