Teatro
En tempo de pasarelas
A moda é perigosa para a saúde

Demi Moore fronte ao espello nun fotograma de A substancia (2024). / Faro
Coa chegada do mes de xullo, asistimos á presentación das pasarelas de moda nas principais capitais do mundo. Son coleccións de roupa de confección para o verán do 2027, coleccións de home e de muller; están logo as de alta costura (inverno 2026), cruceiro, coleccións de Londres, Madrid, París, Nova York, Milán, Florencia, Roma, Pekín…, recentemente, coleccións dende Córsega. A xeografía toda é un bo enderezo para desfilar. Con tan abrumadora oferta, xorde a cuestión:Que significado ten a moda hoxe?.
O ritmo bailable do Vogue de Madonna é o leitmotiv do frenesí dos desfiles de moda nos nosos días, cuxa procura de notoriedade e elevado orzamento evidencian a forte competencia á que está suxeito o sector téxtil. O negocio da moda en Europa supón 170.000 millóns de euros anuais; conforma o 3% do PIB en España e o consumo anual medio por cidadán europeo está nun espectro entre 700-1000€.

Desfile de J.P. Gaultier (1985). |
No mundo hipercomunicado da hipermodernidade vixente o logro de vendas vai, daquela, parello coa relevancia da faciana ciber de cada marca ou deseñador. Así que é preciso impactar cada temporada para que se manteña a atención sobre a marca. Ese impacto acádase, entre outros medios, mediante os desfiles. Armani pontificaba dicindo que o desfile «era o máis serio e importante do mundo da moda». En dez minutos de desfile decídese o suceso ou fracaso dun semestre mercantil.
Hai 150 anos, para a maioría da xente a roupa era un artefacto para se tapar do frío e evitar a calor. Despois apareceu Worth e o sistema da moda, con coleccións, temporadas e tendencias. Logo Chanel dixo que o importante era ir cómoda, e todo o mundo visteu de lixeira, flexible e simple roupa de punto. Logo Dior repuxo o corsé, Balenciaga desdibuxou o corpo coa silueta barril e a silueta saco. Máis tarde, Saint Laurent dixo que un cadro xeométrico, ou abstracto, ou pop, ou cubista podía ser un vestido. Armani explicou que as chaquetas eran sen forrar. Adolfo Domínguez aseverou que a enruga era fermosa e Sybilla vestiu a todas como Mary Poppins, facendo un cameo en Sorrisos e bágoas.
Jean Paul Gaultier creou o home. Mellor dito, Gaultier, na súa colección de verán 1985, púxolle saias aos homes, establecendo un novo paradigma de masculinidade que subliñou titulando a colección «Et Dieu créa l´homme». A moda con Gaultier converteuse en arma política, reivindicativa e social. Logo de Gaultier as facultades de belas artes ensinaron moda; a moda entrou no museo, os mercados bursátiles creceron coa moda, no cinema e na música pop-rock trátabase de moda e os homes falaban de moda e as mulleres falaban de moda e todos acudían en harmonía ao centro comercial a mercar ludicamente.

Ashton Kutchern na serie de tv. A beleza perfecta (2026). / FAro
Pero esa harmonía quebrou coa chegada das grandes corporacións do luxo, da moda rápida, da roupa deportiva e do estilo de vida «pastiche» do século XXI. A moda deixou de ser deseño para facer a vida mellor e converteuse nun plan operativo de especulación estética e publicitaria para gañar cartos. A moda está morta, viva a moda!
A substancia e A beleza perfecta
Hai un film e unha serie de tv. que tratan a cuestión da moda nos nosos días. A substancia, protagonizada por Demi Moore e A beleza perfecta, protagonizada por Ashton Kutcher. En ambos evidénciase a obsesión polos corpos perfectos. Sublíñase asemade a enfermiza obsesión da moda por evitar facerse vello. O inevitable, o tempus fugit, a imposibilidade do contrato mefistofélico do doutor Fausto.
Así que a moda non é unha cuestión de «Les précieuses ridicules» se non que é unha «cuestión financieira, cultural et social». Unha cuestión que emprega millóns de persoas, produce millóns de unidades, xera millóns de residuos, contamina coma ningún outro sector por mor, esencialmente, da moda rápida e invade todo o imaxinario cultural de xeito universal contaxiando co virus do novo os nosos desexos e as nosas preferencias.
A moda do século XXI é o maior espectáculo do mundo, é o maior feito cultural, é o que máis contidos produce en internet é o que máis anorexia causa, é o que máis operacións de ciruxía estética provoca, enche os ximnasios con xentes ansiosas por teres un corpo dez e tamén enche as discotecas con xentes bailando desenfrenadamente ritmos de autotune e sintetizador nun éxtase constante de medusas Versace, cadeas de Chanel, mocasíns de Gucci, bolsos de Hermés, zapatillas de Loewe e perfumes de Dior. Eviten a moda é perigosa para a saúde.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Tres apagones tras una avería eléctrica dejan sin luz a miles de vecinos y negocios en el centro de Vigo
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- «Ha sido una de las mejores experiencias de mi vida»: Óscar Pereiro conquista el Camino con su hija Catalina