Arquitectura
As rúas de todos os ventos
Viaxe de frescor polas calellas máis axitadas

Rúa Michelena e Praza da Peregrina (Pontevedra). / GUSTAVO SANTOS
Na solaina do verán na que nos atopamos, quen lles escribe non atopaba un tema axeitado co cal despedirse deste xeitoso suplemento até a volta do descanso estival. A miña cabeza matinaba, no medio do verde da ría de Pontevedra así cando no seu paseo esvae en horizontal, sobre un tema algo refrescante mentres a calor dorme aos muxes do esteiro, os parques amarelan e, dende a Boa Vila na que escribo, até a cruz da Alameda semella dobrarse diante do astro solar. Nesa clemencia recibín unha boa nova, temporal e refrescante, no cruzamento que hai entre dúas entidades señoriais da vila, a rúa Michelena e a praza da Peregrina: foi o vento, que quixo traerme algo de recordo do anisado do campo cando baixo o ar fresco de mañá e inda a finais de xuño está o anís en flor, xa queimándose. Así pois agardo que nestas páxinas atopen consello sobre que rúas desfrutar as correntes benignas do sopro mareiro.

Casa Rey (A Coruña). / Faro
Como fixeron Céfiro e Cloris nas cores ardentes de Botticelli, o vento desprégase en gran parte do urbanismo galego, por calellas e incluso algún edificio. A propia Pontevedra construíuse na súa parte nova facendo ondiñas fóra da muralla. O vello muro de pedra, de sona medieval e altura arcebispal nas torres que estaban ao carón da catedral, percorría a noz elegante da vila. Hoxe esa circunferencia dá un paseo pola Peregrina e ábrese en avenidas cheas de vida até a estación. Alí o vento decide facer das súas tamén pola concorrida Benito Corbal, rúa de modas e moda, vendo os prezos dos alugueiros e das hipotecas. Pontevedra, cóntame o amigo César Portela, carece de interese na súa parte máis moderna, escasa en modernismo, algo medrada en racionalismo de posguerra e moito en vivenda barata cuxa pintura, coa humidade, amosa buracos imaxinativos ao

Avenida de Montero Ríos (Vigo). / MARTA G. BREA
muro orixinal. Porén, debo contradicir algo ao benquerido César e dicir que Pontevedra comparte con cidades como Oviedo ese efecto de fondo de cunca, que a un, dende a baixura da ría, lle permite observar as leiras e, lamentablemente, tamén as plantacións de eucaliptos que coroan o campo. Dende o corazón da vila, se afinamos o ollo e ollamos de Corbal a Michelena (grandes homes), podemos incluso distinguir os paseantes que van de leira en leira nos montes ao fondo.
Cidades como A Coruña levan o premio en cuestión de ventos. Alá o clima é azoutado e peninsular e convida ás revolucións, de aí que a cidade herculina, como a antiga Gades,Cádiz, compartan ese xeito liberal e surrealista de enfrontar a súa existencia. Por iso A Coruña tivo que estoupar en arrinques florais e modernistas, moito máis caóticos e imprevisibles ca os de Ferrol, algo máis mansos hoxe na praza de Lugo, e todas as formas do vento que están na cara oronda e fermosa das cariátides que suxeitan casas como a Casa Rey, de amarelo cor vento marelo de verán. En ventos, gaña a avenida de Rubine. Se a procuran na Galiciana verán porque nos anos 20 existía unha comisión de balnearios no Concello. Bos Aires, avenida da miña infancia, fai honra ao seu nome. A un par de quilómetros está o edificio da Domus, con forma de vea aberta ao mar, seguramente collendo o vento de Bos Aires. Dime Manuel Rivas, que veu a Pontevedra polo vento, que anote aquí que as calellas do vento sempre, sempre, teñen unha farmacia e se non è vero, è ben trovato.
O vento vigués
Vigo tamén ten historia céfira de seu. A cidade está ben protexida, pero todo vigués sabe que a avenida de Beiramar é como unha frauta posta diante da ría e por ela entra o aire con oficio de mariñeiro, limpa a graxa dos talleres, sobe polas grúas e déixalle ao Berbés un recendo a salitre, gasóleo e peixe das cidades que aínda non renunciaron de todo ao traballo. Máis arriba, Montero Ríos é un paseo elegante polo seu corredor de sopros,saias e zapatos ás presas; alí o vento vén máis domesticado, antes de tocar as terrazas e os cafés pide permiso ás palmeiras e aos edificios de pedra clara, levando aínda, sen contestación xa, as ideas ao piso de don Álvaro Cunqueiro. Despois están as Camelias,avenida que non ten nome inocente, xa que garda unha sombra vexetal e unha corrente transversal, medio burguesa e medio de barrio, que baixa dos altos coma quen trae novas dende Castrelos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Medio Ambiente ha impuesto medio centenar de multas en lo que va de verano por aparcar en las dunas de Nerga y Viñó, y en otros espacios de Red Natura en Cangas
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- Las terrazas convierten el centro de Vigo en una yincana
- Denuncian que Moaña impide el uso de un bajo comercial por irregularidades de un edificio en el que sí permite vivir
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- El cultivo de la cebada se extiende por Galicia: Hijos de Rivera se alía con 27 agricultores de A Limia y alcanza las 850 hectáreas