Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Simboloxía e identidade

O «Test da Árbore» e o carballo de Padroso

Panorámica do carballo de Padroso (Xunqueira de Ambia, Ourense).

Panorámica do carballo de Padroso (Xunqueira de Ambia, Ourense). / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Test da Árbore foi desenvolvido polo psicólogo suízo Karl Koch en 1949, e forma parte dos denominados tests proxectivos ou tests gráficos, baseado en que o debuxo constitúe unha linguaxe cuxa finalidade última é comunicar as achegas persoais e afectivas asociadas simbolicamente a intimidade dos nenos/as e persoas adultas en relación ca súa contorna. Trátase dunha dunha ferramenta útil, simple e inofensiva, empregada en exames clínicos, educativos e laborais, que lles permite aos profesionais obter datos relevantes sen xerar ansiedade ou rexeitamento. Do mesmo xeito que outros instrumentos, asemade proxectivos, como o Test da Figura Humana ou o Test de Rorschach, o Test da Árbore utilizase como complemento diagnóstico de cara a conseguir unha información máis completa do mundo interno da persoa sen ter que recorrer á palabra.

O carballo de Padroso forma parte da simboloxía identitaria de Galicia xunto co baile da gaita e a muiñeira. É, sen dubida, o paradigma que nos permite ter un referente comparativo coas imaxes que os nenos/as ou persoas adultas debuxen nos seus tests da árbore, porque o carballo de Padroso cumpre con todas as características máis positivas en función da súa harmónica imaxe na cal as raíces, o chan, o tronco, as pólas, a copa, o tamaño, o lugar e o contexto nos confirman a súa madurez como modelo a seguir dos debuxos da Test da árbore. As raíces do carballo constitúen un elemento de vital importancia, proveendo alimento e enerxía ao tempo que lle serven como firme sostén. Son tamén uns elementos ocultos, de transición entre as profundidades e o mundo exterior, formando parte do seu dominio e forza. Raíces que contactan cun chan, como principio de realidade, desde o cal emerxe o tronco robusto e potente que lle permite sobrevivir como centenario nun medio inmellorable.

O chan dálle, pois, firmeza e seguridade. Cando un neno/a debuxa unha árbore sen chan, significa inestabilidade, dúbidas, falta de arraigo, ou necesidade de encontrar o seu propio espazo. Non é o caso do chan do carballo de Padroso, onde as súas raíces forman parte dun forte apego de seguranza cara ao futuro; no debuxo dun neno/a supón a capacidade para ver a realidade, a claridade de ideas, a vontade de medrar. Da súa parte, o tronco está identificado ca forza, coa confianza que ten para afrontar os retos do mundo externo e ambiental. No Test da árbore, os troncos irregulares ou deformes mostran a debilidade do seu autor. O tronco alto do noso carballo significa a inquietude por proxectarse cara ao exterior, con ambición e idealismo. A súa anchura alicerza o equilibrio, a firmeza e autoridade, o autocontrol e mais a capacidade de vida.

As pólas, as follas e a copa constitúen unha estrutura que se alza sobre o tronco, revelando a calidade e intensidade das súas relacións cara ao mundo exterior, en dirección ás súas aspiracións e o seu propio estado vital. Acordes, a súa forma e despegue simulan unha persoa que se adapta ao exterior e que se comunica eficazmente cos outros. A configuración das pólas, follas e copa é aberta, alegre, comunicativa, sen medo ás ameazas externas porque «aí estou eu!». A copa, proporcionada, equilibrada, reflexiva e realista, estaría relacionada co autoconcepto de seguridade e o mundo das ideas, sen ningún tipo de conflitividade. A súa dimensión (en relación á árbore), significa extraversión, imaxinación, interese para relacionarse co mundo exterior e idealismo.

O carballo de Padroso non é pequen: estamos diante dunha árbore grande, extrovertida, alegre que non dubida en explorar a súa contorna e que desfruta da compañía dos humanos. A súa follaxe indícanos un bo nivel de intelixencia, capacidade de concentración, vivacidade e desexo de actividade. A presenza de froitos simboliza produtividade, ganas de madurar e desexo de facer felices os demais. O debuxo no Test da Árbore que mais se achegue ao carballo de Padroso terá, sen lugar dubidas, unha saúde forte e duradeira e unha personalidade que lle permitirá un equilibrio e amabilidade ao longo da súa vida.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents