Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centros de arte contemporánea

Entre polémicas e públicos

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Como é ben coñecido, temos un debate aberto nestas últimas semanas en Galiza arredor do xeito de xestionar a cultura contemporánea. En concreto, xurdiu a polémica pola mudanza canto á dirección no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago.

Eva López Tarrío, doutora en arte e funcionaria pública, foi nomeada directora do centro compostelán na segunda quincena de maio. Dende o momento en que se fixo público o nomeamento, a polémica arreciou, e nas páxinas dos xornais, nas redes sociais… non se fixo máis que inflaccionar esta sorte de novo caso Dreyfus. Claro que, iso si, o affaire xudicial francés ocupou doce anos (1894-1906) dun debate que atraía o conxunto da sociedade do país de alén Pririneos, e mesmo á española da época, mentres que o caso López Tarrío ocupará apenas unhas poucas semanas e interesa soamente ao mundo da arte contemporánea de noso.

Membros da asociación Vegliota protestan no CGAC contra a decisión da Xunta de nomear a Eva López Tarrío como directora do CGAC. / Xoán Álvarez

Membros da asociación Vegliota protestan contra a decisión da Xunta de nomear a Eva López Tarrío como directora do CGAC. / Xoán Álvarez

Mais en calquera caso, a cuestión é que nos nosos días en España, en Galiza, cada vez que hai un nomeamento dun director ou directora dunha institución cultural pública, corren ríos de tinta. Cada vez que trocou o director do CGAC houbo polémica e opinións encontradas, o cal non deixa de ser peculiar dada conta o anoréxico número de visitantes cos que contan eses mesmos centros de arte.

Así, os primeiros en cuestionaren o nomeamento foron os outros candidatos que se tiveran postulado para o labor directivo e non resultaron elixidos, pauvres garçons. Os seguintes en cuestionaren a decisión viñeron resultar as xentes da arte que desexan promover os métodos colexiados para a elección de directivos nas institucións culturais, nun alegato partidista do quis custodiet ipsos custodes. Porén, aqueles que propenden as eleccións baseadas en métodos «técnicos» grupais, esquecen que cando os galeristas son expulsados da feira Arco por outros galeristas, ao amparo de criterios técnicos, tal proceder non lles comprace, atopando arbitrarias tales decisións.

No leitmotiv está o fantasma supremacista de seres eles mellores que os políticos, algo que está lonxe da realidade e que carece de fundamento, toda vez que os órganos colexiados de elección profiláctica deveñen realmente nunha rebotica de colocación dos acólitos en postos de responsabilidade. En fin, cando aparecen estas polémicas dos nomeamentos, nunca se analiza o programa que propón o novo candidato nin se valora a fortuna, ou infortunio, da xestión do director saínte. Claro que iso non se pode analizar porque a cultura non se mide en número de visitantes.

E como en toda boa narración épica, velaí aparecen os heroes. E os glosadores nos bares e nas rúas recordan aquela grande mostra de Maruja Mallo no CGAC (contan que a pintora non quería expoñer aí). Recórdase a Gloria Moure e a Miguel Fernández-Diz e mais o paso polo CGAC do brillante director actual do MNCARS. Como se lembra, asemade, a mostra máis visitada no CGAC «Do impresionismo ao fauvismo», da colección de Carmen Thyssen-Bornemisza. Tita Cervera non soamente é activista pola natureza, tamén é reclamo para gran cantidade de público interesado.

J´accuse…!

Á cultura contemporánea engadíronse novas musas das artes ao longo dos séculos XX e XXI. Ás xa coñecidas Calíope, Clío, Erato, Euterpe, Melpómene, Polimnia, Talía, Terpsícore e Urania viñeron sumarse as novas representacións do ollo sen pálpebra, ou fotografía; da imaxe en movemento, ou cinema; do corpo vestido, ou moda (e non me refiro á performance porque detesto esa forma de mal teatro e peor ballet).

Agora está tamén aumentando a tipoloxía de espazos para expoñer arte dos nosos días. O Centro de Arte é un produto da segunda metade do século XX e ten sido xa modificado até chegar a nós. Hai centros que soamente expoñen arte dos nosos días, outros que tamén expoñen arte moderna, outros que mesmo teñen colección permanente e outros que acollen depósitos de coleccións alleas. Mais o dernier cri é o almacén de arte: un espazo onde as adegas e os salóns se confunden e podemos visítalo todo dunha volta. Hai tamén alguna exposición temporal e actividades, pero por dicilo dun xeito gráfico, trátase dun auto sen condutor. En fin, a arte contemporánea -e mais a música contemporánea- deberían deixar de ser placebo para os traballadores da arte e mirar á audiencia.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents