Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Morrer coas botas postas

150 anos de Little Bighorn

Fotograma de «A derradeira batalla do xeneral Custer» (1967).

Fotograma de «A derradeira batalla do xeneral Custer» (1967).

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Joaquim Ventura

Joaquim Ventura

O nacemento dun estado adoita ir acompañado de mitos. Os Estados Unidos de América, unha vez que as trece colonias acadaron a independencia en 1776, pasaron a comerciar en rivalidade con Inglaterra co apoio de España e de Francia. Unha cobertura que este país seguiu a dar cando Napoleón Bonaparte pasou a emperador. Pero antes de que comezase a guerra contra os ingleses (1812), que querían evitar a expansión ianqui no Canadá, os Estados Unidos enviaron protección naval militar ao Mediterráneo para evitaren que os seus mercantes fosen presa dos berberiscos, aliados do Imperio Otomán. En 1804 unha unidade de infantes de mariña destruíu en Trípoli a fragata norteamericana «Philadelphia», capturada polos berberiscos libios. Comezaba o mito dese corpo militar.

Para Inglaterra e Canadá, o resultado da guerra foi unha vitoria; para os Estados Unidos supuxo o comezo do seu sentimento nacional.

Un sentimento que uns anos despois, coa expansión territorial, entrou en crise pola guerra de Secesión (1861-1865). Rematada esta e coa vontade expansionista intacta, o seguinte obxectivo foron os territorios occidentais, habitados polas nacións indíxenas. Se ben algunha de estas era aliada de Washington por rivalidade con outras, estas acordaron co goberno en 1868 quedarse nas terras ao oeste do río Missouri. Pero os colonos que buscaban ouro nas Black Hills coa protección do exército, desprazaban os indios ás terras altas de Montana, onde non tiñan a mesma disposición de pastos.

Os xefes siux Tasunko Witko (Cabalo Tolo), Tathanka Iyotake (Touro Sentado) e Phizi (ou Gall) formaron unha coalición cos cheienes para que unha formación dos seus guerreiros en número de tres mil marchase ao río Little Bighorn.

O xefe militar encargado de reconducir os indios ata as súas reservas era o maior xeneral A. H. Terry. Deseñara un operativo para atacar por tres puntos distintos, de maneira que os indios se dispersasen e así fose máis fácil capturalos ou neutralizalos. Para tal propósito, situou ao mando ao tenente coronel George Custer, un militar experimentado nas guerras indias. Pero o 17 de maio de 1876, sen esperar a chegada de Therry, Custer conduciu o seu Sétimo de Cabalaría desde Fort Lincoln (Dakota do Norte) cara ás terras onde paraban os indios.

Chegaron preto deles e os seus exploradores crew identificaron o campamento sioux. A idea era atacar por sorpresa pero ante o risco de que estivesen alertados, decidiron atacar de inmediato. Un dos destacamentos, comandado polo maior Marcus Reno, descabalgou para formar unha liña de fogo pero ben axiña foron atacados por guerreiros lakota e cheienes. Diversos erros na interpretación das ordes recibidas para intentar salvar o escuadrón fixeron posible a chegada de fusileiros indios, agochados entre os matos. Custer foi forzado polo xefe Pizhi a fuxir a un outeiro, segundo a versión oficial posterior, se ben testemuñas indias discreparon, afirmando que berrou aos seus: «Veña, rapaces! Acabaremos con eles e marcharemos a casa». Para afrontar o encontro tivo que empregar a formación estándar: un de cada catro homes quedou a gardar os cabalos. Iso fíxolles perder capacidade de combate. Peor aínda: cando a loita aumentou, moitos soldados foron recuperar cadansúa montura pero tropezando entre eles; outros, sen saber que pasaba, deixaron as armas e fuxiron.

Nacía o mito de Custer e o seu 7º de Cabalaría no que foi unha batalla de apenas unha hora de duración e na que morreron uns douscentos dez soldados. A versión oficial estableceu que a causa foi a condición salvaxe dos indios. Con todo, a vitoria india foi efémera. Pouco tempo despois, o goberno de Washington obrigou aos indios a permanecer nas súas reservas.

O mito no cinema

Un mito resulta amplificado polas narracións. No caso de George Custer, polo cine desde que a súa historia foi levada á pantalla en 1941 por Raoul Walsh en Morreron coas botas postas, con Errol Flynn no papel protagonista. Unha película á maior gloria do mitificado e sen apenas valor histórico. Xa en 1967 Robert Siodmark dirixiu A derradeira aventura do Xeneral Custer, cun Robert Shaw moi crible no papel do tenente coronel caído en Little Bighorn, cuxa personalidade exploraba de maneira sensacional.

A primeira película que puxo o foco no papel dos indios foi Pequeno grande home, de Arthur Penn (1970), con Dustin Hoffman e Faye Dunaway nos papeis protagonistas. Jack Crabb, alcumado «Little Big Man», é un home branco que de neno foi criado polos cheienes. Ten diversos encontros con Georges Custer. Vai con el e o seu 7º de Cabalaría na procura da súa muller. É testemuña do seu brutal ataque a un campamento cheiene.

Crabb nfíltrase logo no campamento militar e pretende acabar con Custer pero finalmente foxe. Tras diversas peripecias, o militar contrata a Jack pero desconfía, polo que fai o contrario do que lle informa. Jack lle dá información falsa sobre o número de indios estacionados en Little Big Horn e así consigue eliminar a Custer sen ter que atacalo directamente.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents