O goberno do cambio
Despois da Transición (III)

Sinatura da entrada de España na CEE (1986). / Manuel Hernández de León (EFE)
O 28 de outubro de 1982 celebráronse unhas eleccións xerais nas que o PSOE obtiña o 48,11% dos votos, que por cousas da lei electoral se converteron en 202 escanos (57,71%), polo que o 2 de decembro de 1982 Felipe González foi investido presidente do goberno, cargo no que se mantivo até o 5 de maio de 1996, logo de lograr catro maiorías electorais sucesivas.
As liñas prioritarias da acción do primeiro goberno González non supuxeron ningunha ruptura significativa con respecto ás que desenvolvera o goberno de Calvo Sotelo. Neste sentido, o primeiro goberno González desenvolveu unha política económica liberal -disimulada por algunhas medidas máis mediáticas que efectivas, como a expropiación de Rumasa (23 de febreiro de 1983)-, pero que, en certo modo, supuñan un retroceso con respecto a algunhas das conquistas sociais recollidas na Constitución de 1978; de feito, o xeito en que se xestionaron a reconversión industrial, a crise da banca e o crecemento do desemprego e a inflación favorecía os intereses das elites.
Así mesmo, ese primeiro goberno de González deu continuidade á política exterior iniciada nos gobernos da UCD, dándolle prioridade ao ingreso de España no Mercado Común Europeo (MCE) -dándolle un novo pulo aos esforzos iniciados o 26 de xullo de 1977, sendo presidente do goberno Adollfo Suárez- e á permanencia na OTAN -convertendo o rexeitamento inicial ao seu ingreso, formalizado o 30 de maio de 1982 sendo presidente Calvo Sotelo, nunha posición favorable á permanencia.
Por último, se ben puxo en marcha unha serie de reformas sociais que buscaban desenvolver un estado de benestar mínimo, sobre todo no ámbito educativo e sanitario, o certo é que moitas das aspiracións e soños relativos á unha democratización máis profunda da sociedade que se atopaban detrás do voto socialista do 28 de outubro de 1982 non se cumpriron.
Ao longo do ano 1981 o goberno de Calvo Sotelo dá os primeiros pasos dunha política de reconversión industrial que culminan, xa baixo mandato socialista, coa Lei sobre reconversión e reindustrialización de 1984, coa que se pretendía establecer unha actuación uniforme nos diferentes sectores do tecido produtivo español, principalmente siderúrxico e metalúrxico. O rexeitamento ás políticas de reconversión mantidas polo goberno socialista xerou a oposición inmediata dos sindicatos. Velaí están as folgas masivas que se desenvolveron en Vigo o 15 de abril de 1983 ou o 14 de febreiro de 1984, que paralizaron por completo a cidade, ou a masiva folga xeral celebrada o 20 de xuño de 1985 na totalidade do territorio español.

Manifestación nas rúas de Vigo contra a reconversión industrial. / Cameselle
O resultado desa política, mantida malia as protestas sindicais e o rexeitamento obreiro, foi desolador: do 1.634.000 desempregados (12,4%) de 1980 pasouse aos 3.000.000 (21,5%) en 1985. Non obstante, o máis grave non foi o desemprego en si, senón as medidas antiprogresistas que se puxeron en marcha para «combatelo»: beneficios fiscais ás empresas «en reconversión», anulación das débedas empresariais á Seguridade Social, prexubilacións asumidas polo Estado, primeira reforma regresiva do IRPF, primeira reforma laboral encuberta na lei de reconversión e reindustrialización... ás que se sumou unha aposta decidida polo «capitalismo popular» como estratexia para superar a crise, facilitando a conversión de moitos desempregados en autónomos, unha figura laboral que se regulou mediante o RD 1799/1985.
Así, como consecuencia da reconversión lográronse varios obxectivos: terceirizar a economía española e dinamizar o sector da construción -que vai ser o motor da economía nos seguintes anos- aínda que o prioritario era neutralizar a clase traballadora, que quedou fragmentada e precarizada, unha situación que se agravará no futuro.
Felipismo e mesianismo
Os primeiros gobernos de Felipe González, alén dos seus efectos benéficos -velaí están as leis aprobadas durante a primeira lexislatura socialista: Lei de Reforma Universitaria (1983), que outorga autonomía ás universidades españolas e democratiza o seu funcionamento; a lei que puxo en marcha unha reforma da organización militar (1984), que se someteu ao control civil; a despenalización do aborto (1985); a lei que regula o dereito á educación (LODE, 1985), que garante o dereito universal á educación e o acceso ao ensino gratuíto, ao tempo que establece o modelo mixto público-privado do sistema educativo español e garante o ensino relixioso; e, a lei xeral de sanidade (1986), polo que se crea o sistema nacional de saúde e o seu acceso universal- estiveron marcados por unha actitude de tintes «mesiánicos» por parte de González
O presidente considerabábse elixido, en efecto, para pilotar a singradura que había de levar finalmente a España á tan ansiada modernización; non obstante, esa «tarefa histórica» foi posible a condición de penetrar en todos os ámbitos da vida colectiva de xeito «totalizador».
Suscríbete para seguir leyendo
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Así será la revolución que vivirá el frente litoral de Vigo en Teis: alquileres «tasados» durante 75 años, calidad arquitectónica, vida comercial, grandes dotaciones públicas y un bosque
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- Víctor Fernández, afectado por la prohibición del Concello de Vigo: «Sin conciertos en mis chiringuitos tendré que despedir a gente»
- Muere un hombre mientras se bañaba en una playa de A Illa