Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Teatro

De fábricas e fumes

Noticia certa dun programa necesario

Cerámica Sargadelos.

Cerámica Sargadelos. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O texto que presentamos, Fábrica de fume, publicado en Editorial Elvira, foi escrito de forma expresa por Ana Fontenla como pretexto para un espectáculo homónimo producido en 2025 polo Centro Dramático Galego (CDG), en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), con dirección da propia Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte. Enmárcase na iniciativa «Phoné Languages and Theatre», do Programa Europa Creativa da Unión Europea, orientado á promoción da diversidade lingüística e cultural. Antes, en 2024, e no mesmo marco, FEGATEA, o CDG e a compañía Nauta Teatro, xa presentaran O corazón na boca, con dirección de Xavier Rey. Un programa moi necesario para asentar redes e parcerías, polo que salientamos o traballo do director do CDG, Fran Núñez, na procura de recursos económicos para potenciar e proxectar a actividade teatral en toda a súa riqueza e pluralidade.

Para alén de resultados artísticos, que tamén os hai, o programa busca poñer en valor o teatro afeccionado, abrindo posibilidades de colaboración activa entre os múltiples axentes do campo teatral, sempre necesaria para o desenvolvemento axeitado dun sistema sempre en obras, incompleto. As moi diversas sinerxías que se poden activar quedan de manifesto na memoria de colaboración e participación que nos deixa esta iniciativa tan destacada como fundamental, pois os diferentes axentes creadores do noso teatro non poden nin deben vivir de costas, nin manter distancias e prexuízos que tanto impiden unha comunicación e unha interacción a todas luces positiva para a supervivencia do teatro como arte, cada vez máis ameazado por variables moi dispares.

Amais de doce actrices e seis actores de colectivos agrupados en FEGATEA, no proxecto participou alumnado e profesorado do Centro Integrado de Formación Profesional Paseo das Pontes (A Coruña) e do Instituto de Educación Secundaria A Pinguela (Monforte de Lemos), baixo a coordinación de Ana Calviño, Rosa Mar Díaz e Luz Freire. Da plástica escénica ocupáronse María Torres e Carmen Casal (As Dúas en Punto), escenógrafas que viñan de participar no equipo artístico do espectáculo A burra, a mesa e o pau, dirixido por Lorena Conde con produción do CDG, do que o equipo de Fábrica de fume toma diferentes recursos escénicos nunha liña de reciclaxe de útiles e materiais que tamén se debe destacar. Por todo iso, non cabe afirmar, como se expresa no cartel e no programa, que esteamos ante un exemplo de teatro comunitario. Non, este último nace como expresión dunha comunidade, e así acontece en Santiago de Albá, Palas de Rei, con motivo da festa «Son de Aldea», que as xentes celebran a primeiros de setembro polas veigas que quería invadir ALTRI. O que temos aquí é un bo exemplo de teatro amador, cooperativo e afeccionado, o que non é pouco. E quen poida ir a Albá, que vaia.

Editado con primor por Xabier Romero, mesmo cunha portada que semella querer esvaecerse, coma ese fume que se apón como metáfora de tantos soños e tantas promesas incumpridas, o volume, amais dunha xenerosa escolma fotográfica do espectáculo, incorpora numerosos paratextos. Entre estes destacan os debidos a Fran Núñez, para explicar o proxecto, o de Marta Gómez, directora de ZigZag Diario coa súa evocación do entroido empresarial, ou o de Celina Fernández Ponte sobre o proceso de construír unha fábrica de fume na escena cun grupo de entusiastas actrices e actores que se achegan ao teatro como amadores, pois nese seu traballo nos palcos o amor resulta tan necesario como esencial. Moitos parabéns, para todas e todos.

Memorias de vida

A partitura textual do espectáculo consta de trece escenas, elaboradas por Ana Fontenla a partir de materias diversos recollidos polas ditas Ana e Celina durante un traballo de campo realizado no entorno sociocultural e humano das fábricas de cerámica en Sargadelos. Trátase dun texto concibido para un espectáculo cuns trazos precisos, o que se deixa sentir na súa dimensión coral, o que por outra parte serve para reflectir as experiencias e as vivencias dunha manchea de traballadoras e traballadores da empresa.

Como pano de fondo, as moitas peripecias que se teñen vivido e padecido nesas dúas factorías de olaría, Cerámicas O Castro e Cerámicas de Sargadelos, que tanto contribuíron a crear unha imaxe de país, unha marca de calidade suprema. A de Cervo quixo en certa medida darlle continuidade a aquela outra que creara no século dezanove Antonio Raimundo Ibáñez, da que aínda quedan non poucas ruínas, testemuñas do maldicir e do mal facer. Fábricas que son unha metáfora poderosa deste país, con tanto potencial e tan pouco desenvolvemento. Tantos anos de Autonomía e seguimos sendo Rexión Obxectivo 1 en Europa. Das máis pobres, vaia. Non se contenta quen non quer.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents