Historia
100 anos da «Ditadura Nacional»
Na xénese do Estado Novo

Entrada do xeneral Manuel Gomes da Costa en Lisboa (xuño de 1926). / FDV
A invasión de Portugal por parte das tropas napoleónicas levou a que a familia real dos Bragança –reinante desde a independencia en 1640- marchase ao exilio ao Brasil e establecese no Rio de Xaneiro a capital. As revoltas de Lisboa e do Porto en 1820 obrigaron o rei Xoán VI a regresar á metrópole. O seu herdeiro, Pedro I, que proclamara a independencia do Brasil, reclamou os dereitos dinásticos á morte do seu pai en 1826 pero tivo que renunciar en favor da súa filla, Maria II. Co apoio dos sectores reaccionarios, o seu tío Miguel usurpoulle o trono, entre 1828 e 1835, á súa sobriña.
Esta casou con Fernando, da daquela poderosa familia Saxonia-Coburgo Gotha. Á morte da raíña foi rei e rexente do seu fillo. Portugal viviu un período de certa estabilidade política ata o Ultimátum británico de 1890 para pechar a expansión colonial en África. A claudicación portuguesa, forzada, supuxo unha auténtica traxedia nacional e un aviso de morte para a monarquía. En 1908, o rei Carlos I e o seu herdeiro, Luís Filipe de Bragança, foron asasinados. Sucedeunos Manuel II pero a sorte estaba botada. A incapacidade da monarquía e o poder da Igrexa provocaron un movemento que proclamou a república en 1910. O ano seguinte foi aprobada a constitución. Os gobernos tiveron que batallar contra os monárquicos bragancistas, especialmente contra os miguelistas, moitos deles residentes en Galicia. A nacente república contou co apoio de boa parte dos intelectuais que promoveran un movemento nacionalista despois do ultimátum británico, agrupados en Renascença Portuguesa. Este grupo defendía unha visión metafísica de Portugal con riscos mesiánicos (o regreso dun novo Dom Sebastião) que derivou no saudosismo proposto por Teixeira de Pascoaes.
A República Portuguesa padeceu o sacrificio dos soldados portugueses que loitaban na guerra mundial e dous golpes de Estado, o segundo deles liderado con éxito por Sidónio Pais en 1917. Ao ano seguinte, este morreu nun atentado. Estalou unha breve guerra civil cando os monárquicos ocuparon unha parte do norte do país.
Durante o período republicano a moeda perdeu trinta tres veces o seu valor e houbo oito presidentes e corenta e catro gobernos. Unha situación de conxunto (sacrificios militares en Bélxica, desorde político, crise económica) que conduciu a unha nova intervención do exército en maio de 1926, dirixida por Manuel Gomes da Costa. Suspendida a constitución de 1911, o novo réxime pasou a chamarse Ditadura Nacional. Caído Gomes da Costa polo contragolpe de António Óscar Carmona, este foi primeiro ministro e pasou a ser elixido presidente da República por sufraxio universal (cargo que mantivo ata 1951).
Esta elección, estritamente formal xa que non había un marco de liberdades democráticas, deu lexitimidade ao poder dos militares. Pero Portugal estaba lonxe da estabilidade, incluso se consideramos o poder político do exército. A imposición da ditadura levou ao exilio a moitos membros de Renascença Portuguesa, movemento modernizador malia o seu eclecticismo, que influíu nas décadas posteriores.
Moitos dos activistas que conformaran o movemento integralista (Alberto de Monsaraz, José Pequito Rebelo, Francisco Rolão Preto, Leão Ramos Ascensão, Luis de Almeida Braga) deron apoio á Ditadura Nacional e á transformación de Portugal nun estado autoritario. Proclamada unha nova constitución en 1933, a Ditadura Nacional deu oas ao Estado Novo da man de quen era o primeiro ministro, Oliveira Salazar. Formalmente era un estado corporativista civil baseado na tradición católica e nacional e nunha oposición rexa ao liberalismo e ao comunismo.
Fóra do foco galego
Un dos tópicos que xerou o nacionalismo cultural de Nós foi o interese por Portugal e dos intelectuais de alén Miño por Galicia. Cando se produciu o golpe militar que rematou co sistema parlamentario da República Portuguesa, A Nosa Terra non fixo a máis mínima mención do sucedido.
En troques, cando Nós comezou a súa andaina en 1920, puxo atención nos intelectuais portugueses, especialmente naqueles que apoiaran a chegada da República desde o integralismo de Renascença Portuguesa, contrarios á monarquía parlamentaria. Xa nos primeiros números da revista aparecían homes vinculados a ese movemento que tamén apareceran en A Nosa Terra: António Sardinha, Teixeira de Pascoaes ou Leonardo Coimbra.
Vicente Risco pedíralle a este un traballo. Respondeulle, e así llo confesaba o ourensán a Antón Losada Diéguez, o seu secretario particular dicíndolle que o encargo sería atendido por Hernâni Cidade. Risco aseguraba na súa carta a Losada Diéguez que nunca volvería escribirlle a Leonardo Coimbra. E engadía que recrutaría a calquera golfo da rúa, como secretario persoal seu, para que dese recibo da carta ao de Coimbra. Con todo, Nós comentaba con regularidade a revista da Renascença Portuguesa, A Aguia, e obras dos integralistas cando este movemento xa perdera influencia no goberno da república.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
