«Born to Kill»
O retorno dos Social Distortion

Social Distortion nunha imaxe promocional.
Quince anos van aló desde que se publicou o moi notable e estupendo Hard Times and Nursery Rhymes, a última entrega discográfica de Social Distortion, e o longo tempo de espera vaia se pagou a pena, xa que Born to Kill (Epitaph 26) pasa, como pouco, por ser un dos mellores discos de rock da década.
Nel, Mike Ness e mais os seus socios veñen presentarnos once cancións: dez delas orixinais e aínda unha intensa versión do «Wickedgame» de Chris Isaak. En todas, os Social poñen outra volta a carne no asador, amosando esa vizosa enerxía coa que os de Orange Country, Fullerton, California, gañaron o corazón e mais o respecto de seguidores en todo o mundo. Todo, ademais, tras a recuperación dunha enfermidade complicada do seu líder, hai agora un par de anos, quen parece que aínda cargou máis, se cabe, as pilas dun grupo que de novo neste disco se mostra como unha auténtica apisoadora sonora.
E é certo que non inventan nada novo nin buscan demasiados floreos nin aínda artificios na súa receita. Aquí goberna o punk, co apelido rock sempre por diante, nunha descarga de riffs, e arranxos de guitarras rabiosas disparando distorsión desde as P90 dunhas Les Paul «goldtop» que xogan a desatarse e a amarrarse como auténticas bestas salvaxes. Os Social soan auténticos e carismáticos pero sobre todo soan a banda de rock feita e dereita dende hai moitos anos e é aí, nese territorio, onde outra vez semellan imbatibles.
Son once temas que se tornan urxentes e setenteiros nunha especie de volta ás orixes onde todo encaixa con esa lenda que sempre os rodea. Así soan dende a peza que abre e dá nome ao LP coa agresividade precisa, con acordes que parecen prender lume a cada guitarrazo e falando de soños, de mirar atrás, de rúas tamén incandescentes, de desexos, de gratitude, de honestidade e de fantástica e grandiosa humildade. Son case cinco décadas de forxar nome e de acadar ese lugar ao que nada máis se chega dende o convencemento e mais o amor polo xénero.
Louvados e amados desde unha especie de «underground universal e rockeiro», arredado dos grandes mantras do negocio pero sempre sachando a ferro e sen baixar o pé do acelerador ao longo dunha carreira que semellaa índa estar a vivir un momento pleno, doce e cargado de futuro para a banda
Mike Ness á fronte e rodeado dos seus Jonny «2 Bags» Wickersham, Brent Harding e David Hidalgo, Jr., e nunha especie de estado de plenitude sosegada, aínda coa vea inchada e a aspereza vocal precisa para que cada canción se espete onde se ten que espetar e xa convertido en figura referencial para calquera amante do rock que se precie. O disco coproducido polo propio Ness xunto co tamén referenciado Dave Sardy, conta coas colaboración de Benmont Tench (Tom Petty And The Heartbreakers) e Lucinda Williams e nel atopamos algúns títulos que abofé quedarán espetados nos repertorios e no catálogo do grupo para sempre: «Born To Kill», «Partners in Crime», «The Way Things Were» ou a luminosa «Tonight» seguro que latexarán, e de marabilla, da man de clásicos do grupo tan inesquecibles como «Story ofMy Life», «Ball and Chain», «Bad Luck», «Machine Gun Blues» ou a maravillosa «When The Angels Sing» por citar algunhas. Así é que o mundo, e o rock, está de noraboa: Mike Ness e os Social Distortion teñen novo disco e iso, xente, si que son palabras maiores.
Astarot: «Somos»
Desde 1983 ata hoxe si que pasou o tempo. Mais hai cousas que non cambian aló polo Morrazo. Iso semella cando escoitamos Somos, a nova entrega duns Astarot que, corenta e tres anos despois, aquí seguen sumando títulos a unha carreira tan lonxeva como tremendamente íntegra e sólida.
Agora preséntannos este Somos, mostrándose coma un grupo aínda aberto a e moverse dentro da receita do seu rock aínda que mantendo claros os alicerses nos que sempre se sustentaron. Aquí o hard rock de guitarras afiadas segue ao mando mentres tinguen a nova entrega de sonoridades que olen a folk celta e mesmo percorren matices máis progresivos para daren abeiro a esa idea da tradición coral nun resultado que abofé será himno para os seus e as súas seguidoras. Todo, contan eles mesmos, como convite a unha viaxe cara o que nos constrúe como pobo e nos fai ser o que somos como país e comunidade.
Astarot son un referente do heavy rock do noso país e un exemplo de traballo e tenacidade nunha escena galega que pouco coida os seus históricos. Con máis de catro décadas de andaina e unha discografía que se move entre o hard rock e a nosa música, o grupo continúa ao seu e con paso firme, agrandando un legado musical que os coloca, e sempre alén das modas, como un dos máis grandes capítulos do noso rock. O lanzamento vén acompañado dun videoqclip que fusiona o orgánico e o eterno, reflectindo a dualidade deste novo son da formación e ue xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- La Comisión Europea plantea que los aeropuertos de Oporto y Santiago no puedan ofrecer ayudas a las aerolíneas