A xeira dos biopics
Músicas e músicos na gran pantalla

Fotograma de «Michael» (2026).
Desde que en 1908 Stuart Blackton filmara Napoleon, the Man od Destiny, a arte cinematográfica nunca deixou de poñer a súa mirada sobre o itinerario vital de personaxes que, en diferentes ámbitos da vida, acadaron certa relevancia. A convención establecía que estes relatos deran conta dun suxeito que destacase grazas ás súas calidades, incluso, en contenda co entorno. Porén, a chegada do cinema de autor trouxo consigo o que Eduardo Russo denominou «biopics iconoclastas», nos que se profunda nas contradicións do personaxe, incluso nas súas zonas sombrías, sempre na procura da ambigüidade que a vida real depara. A envergadura da figura biografiada permite desenvolver unha trama dual que trenza episodios nos que o contexto aporta historia e a intimidade,melodrama.
Desde hai uns anos, Hollywood permanece comodamente instalado nesa tendencia que consiste en retratar os perfís intimistas de estrelas da música xa consolidados, maiormente arredor do xénero pop-rock. Coa aparición avanzada de La Bamba (Luis Valdez, 1986), sobre a figura de Ritchie Valens, quen morreu aos 17 anos nun accidente aéreo xunto con Buddy Holly e Big Bopper; e Great Balls of Fire! (Jim McBride, 1989), con Jerry Lee Lewis como obxecto da biografía, instalouse unha sorte de subxénero que encaixa no que a profesora Ana María Sedeño cualificou de «mercanarrativa»: isto é, o conxunto de modalidades narrativas que fundamentan a súa natureza na súa función de seren vehículos de obxectivos ou finalidades publicitarias ou comerciais.
Na época do cine silente —que non mudo—, a música era interpretada en vivo nos exteriores das salas para atraer público e facelo entrar á proxección. Era utilizada como elemento de atracción e de enganche. As longametraxes con alma de musicais das que falamos—Bohemian Rapsody (Bryan Singer, 2018), Rocketman (Dexter Fletcher,2019), Elvis (Baz Luhrmann, 2022), Bob Marley: One Love (Reinaldo Marcus Green, 2024), Springsteen: Deliver Me From Nowhere (Warren Zanes, 2025), Michael (Antoine Fuqua, 2026)— a historia semella a escusa para sazonar a metraxe coas cancións máis emblemáticas destes artistas, a maior desfrute dos seus seguidores que se achegan á proxección.
Nos anos sesenta, a cinematografía española abrazou con entusiasmo o «cine de tendencia ye yé», impulsado por un Réxime que pretendía amosar unha imaxe de modernidade. Así, era habitual que os grupos de música pop, nunha época anterior á aparición dos video-clips, protagonizasen filmes para promocionar os seus discos e aproveitar o tirón da fama para encher as salas. Por poñer un exemplo, Raphael —protagonista de ata sete películas!— tivo o seu bautismo no celuloide en 1966 (Cuando tú no estás, Mario Camus), o mesmo ano no que representou a España no Festival de Eurovisión, e, precisamente, na súa segunda longametraxe, Al ponerse el sol (Mario Camus, 1967), nos créditos iniciais o cantante interpreta o tema que levara ao certame o ano anterior: «Hablemos del amor».
Esta «coincidencia» permítenos observar a relación existente entre o cine e a música para a súa promoción artística. Nas coordenadas hispanas, o cine musical enfatiza máis a imaxe do artista que o personaxe ao que da vida, así como a súa voz e as súas cancións que interpreta en detrimento da coreografía, aspecto este, a coreografía,moi descoidado na nosa filmografía en relación cos musicais provintes de Hollywood.
Ambos modelos, nacional e americano, representan dous formas moi distintas de rendibilizar as sinerxias entre música e cine. No caso español dos sesenta, o cine servía para promocionar a música; en cambio, en Hollywood, hoxe en día,a música é a que se utiliza para promocionar o cine, como sucedía nos albores da sétima arte cando os empresarios das salas sacaban fora aos músicos para emular o truco do flautista de Hamelín.
«Michael»
Era un proxecto que máis tarde ou cedo acabaría sendo realidade:Michael (2026) devolve a Michael Jackson ao centro da pantalla nun momento no que Hollywood vive unha auténtica febre polos biopics musicais. Dirixida por Antoine Fuqua e protagonizada polo seu sobriño Jaafar Jackson, o filme reconstrúe a traxectoria do «King of Pop», dende os JacksonFive ata a súa consagración global.
Estes filmes funcionan porque combinan tres ingredientes clave: música moi recoñecible, figuras cunha forte carga emocional e vidas marcadas por luces e sombras. O resultado é unha narrativa case perfecta para o formato biográfico: ascenso meteórico, conflito persoal, éxito global e legado inmortal.
No caso de Jackson, tales elementos multiplícanse: a súa infancia marcada pola disciplina extrema, a revolución da música pop con Thriller, a súa innovación na danza e o seu impacto cultural mundial ofrecen material apetitoso para a ficción. Ao mesmo tempo, a súa vida privada e a polémica que sempre o rodeou engaden tensión dramática, algo que Hollywood explota con frecuencia, aínda que ás veces a costa de simplificar a realidade. Este tipo de producións responden tamén a unha lóxica industrial no que o cinema convértese nunha extensión da industria discográfica. Michael encaixa plenamente nesa estratexia, recuperando a súa música para unha experiencia colectiva de sala.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- Hallan con vida a la vecina de Beade desaparecida desde el domingo por la tarde