Serigrafía galega 1971
Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez

Eli Regueira
No Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo pódese contemplar unha mostra dedicada á historia da serigrafía galega. A exposición reune unha extraordinaria colección de serigrafías de arte galegas composta por 19 autores e 44 obras. O proxecto, froito da estreita colaboración entre o espazo da EMAO, o Legado Activo Beiras Cal e a familia Álvarez Blázquez, permite gozar da colección tal e como ela foi gardada no arquivo de Antón Beiras e Antía Cal. Xunto a elas, unha mostra bibliográfica, saída do mesmo arquivo, procura un primeiro achegamento a un labor editorial non abondo valorado até o momento. Para enriquecer aínda máis este conxunto, a familia Álvarez Blázquez achegou tamén valiosos materiais do arquivo e obradoiro de Serigrafía Gallega SL.
Cómpre lembrarmos que a empresa Serigrafía Gallega foi unha unha iniciativa de industria cultural de Álvaro Álvarez Blázquez que abriu en Galicia o camiño da serigrafía de arte e axudou de xeito extraordinario ao espallamento da arte galega e da literatura no noso idioma, en colaboración estreita coa iniciativas editoriais de seu irmán Xosé María, creador das editoriais Monterrey e Castrelos, esta última especialmente relevante para a popularización do libro en galego en momentos de nulo recoñecemento institucional e mesmo declarada hostilidade.
Este labor a prol da cultura galega ten episodios fundamentais na concienciación cidadá que se poden seguir na mostra, comezando pola cartelería dos primeiros Días Das Letras Galegas, elaborada polo pintor e deseñador Xohán Ledo.
A mediados da década dos sesenta Serigrafía Gallega comeza elaborar carteis dunha enorme calidade, como os realizados por Virxilio, Xosé Luís de Dios ou Xaime Quessada, que foron en ocasións vítimas da censura franquista por retrataren criticamente temas tabú para o franquismo como a emigración. A partir desta experiencia vai xurdir a colección de serigrafías de arte, que sairá do obradoiro da rúa Falperra de Vigo desde o ano 1971.
Espello de inicios dos 70
Unha das virtudes que atesoura a colección agora exposta é a de permitir radrografar a situación da nosa cultura e arte nesa altura. Para entendela cómpre enxergala repasando condicionantes históricos, especialmente a ausencia dunha normalización cultural e política que xa viña do período inmediatamente anterior e o divorcio entre as clases dirixentes e a cultura nacional galega, problema que vén do pasado mais que segue a ser evidente no presente.
Exposición de litografía en la EMAO de Vigo. Título: Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez. Varios autores. Comisariado: Darío Basso, Alba Carme Pardo e Carme Varela. Local: Espazo EMAO, Vigo. / Eli Regueira
Naturalmente, o relativo dinamismo cultural destes anos ten os seus precedentes na progresiva modernización da sociedade nos anos sesenta. Os maiores contactos internacionais e a propia dinámica interna fai que vaian aparecendo síntomas de renovación que favorecerán a eclosión artística que o conxunto das serigráficas permite percibir, cunha nómina de nomes de enorme relevo: Laxeiro, Díaz Pardo, Seoane, Virxilio, Bofill, X. Maside, Pérez Bellas, Sevillano, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Prego, X. Quessada, A. Datas, X. L. De Dios, Vidal Souto, Sesto Novás, Rafael Alonso e Ventura Cores.
O horizonte cultural de finais dos sesenta e inicios dos setenta destacou –e isto é evidente contemplando a mostra- por unha maior liberdade expresiva, con ecos que ían desde a tradición do movemento renovador da arte galega até unha figuración social de influxo beconiano, pasando pola presenza activa e a influencia da referentes centrais na arte galega como Luís Seoane. Non faltaba tampouco a pegada das correntes da abstracción –desde as máis xeometrizantes até as máis expresivas ou matéricas-, un panorama que delata a vontade de romper con modelos ancorados en certo tradicionalismo e provincialismo que aínda luxaban o mundo artístico galego deses anos.
O que resulta indubidábel é que o traballo de Serigrafía Gallega na difusión e proxección da arte e cultura galegas foi dunha eficacia indiscutíbel ao popularizar a arte do seu presente, consolidar imaxes icónicas da nosa tradición, velaí o caso das serigrafías de Castelao, ou crear unhas imaxes referenciais para o libro galego e a publicidade cun selo de identidade nacional, favorecendo unha identificación natural co propio en sectores amplos e transversais da sociedade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- La Comisión Europea plantea que los aeropuertos de Oporto y Santiago no puedan ofrecer ayudas a las aerolíneas
