Gravado na pel
Tatuaxes e tatuaxes

Unha sesión de tatuaxe. / Germán Caballero
Hai xa un tempo, un artista da tatuaxe díxome que cando alguén lle pedía gravarlle un nome no corpo, sempre preguntaba pola identidade da persoa en cuestión. Se a resposta era que se trataba da parella, negábase a facelo. Unha interesante situación, a do artista alleo ao sortilexio do amor. Faríao por empatia? Tal vez, este tatuador levaba a ferida gravada na súa propia pel; un nome que sentía cabo del como un verme alimentado de dor. Un nome convertido en trauma, xa imborrábel, xa eterno. Pero pode tamén que a súa negativa alicerzase nunha cuestión máis elevada, un asunto ético. Acaso resultaba ser simplemente un home sensato, cun corazon acougado e virtuoso que proxectaba sobre outro ser humano o que considera san.
Mais pode que esquecese que a súa arte serviu -e serve- para moitos como símbolo de pertenza, de construción máxica, relixiosa; como talismán de fidelidade ou como adorno, testemuña biográfica, compromiso, feitizo ou castigo. Para os que consideran o corpo un lugar de expresión, que mellor susperficie para expresar que a pel, un cadro de dous metros cadrados, cinco kilos de lenzo sempre expostos? Por iso é tan frecuente atopar aí a expresión psicosomática porque é o órgano máis grande e o máis visíbel; sen dúbida, o mellor soporte para berrar o que a lingua non pode articular. Será por iso que as persoas levamos 5000 anos gravando a historia persoal e colectiva nela, tanto por cousas sagradas, nos ritos iniciáticos, ou por cousas denigrantes como un número de prisioneiro.
Hoxe as tatuaxes teñen un obxectivo estético e erótico. Hai unha intención de envellecer o noso aspecto que medrou parelela á tendencia cada vez máis intensa de exhibir a nudez. Resulta evidente a actual disconformidade co corpo, sometido ás modas e ás espectativas estéticas que prosperan xunto á intolerancia coa decadencia do mesmo.
Os métodos de transformación son variados: ademais das tatuaxes, velaí os piercings e a todopoderosa ciruxía que repta entre eses límites complexos entre a saúde e a estética, a medicina e o negocio. Un exemplo de intervención corporal dentro da arte atopámolo en Mireille Suzanne Francette Porte, Orlan, nada en Francia en 1947. Esta muller operou o seu corpo, seguindo modelos da historia e da mitoloxía. A tecnoloxía médica ao servizo para xerar un obxecto de si mesma, incorporando, nunca mellor dito, a historia da estética ao seu corpo mediante operacións como o queixo da Venus de Boticelli, o nariz e os ollos de Diana, seguindo a escola de pintura Fontainebleau ou a fronte da Mona Lisa de Leonardo.
Ela, con sete operacións, afastou o seu corpo da estética occidental actual. Unha performance que sostén cunha referencia biblica: «A arte carnal transforma o corpo en linguaxe, investindo a idea bíblica da palabra feita carne; a carne feita palabra». Seguindo o seu estilo argumental, faltoulle aproximar a súa teoría á lectura do Levítico: no versículo 19:28 hai unha prohbición específica de facerse cortes ou tatuaxes no corpo.
Pero a súa performance abre outras interrogantes menos relixiosas e máis universais. Cales son os límites destas prácticas para non entrar no abismo do perverso? Porque algunhas transformacións semellan estar máis preto dun grao de sufrimiento necesario para unha existencia e identidade patolóxica. Sen esta consideración, non parecen entendíbeis algunhas operacións estéticas que converten as persoas en caricaturas mostruosas. Estes días sorprendéronme unhas fotografías daqueles actores tan fermosos da pelicula Nove semanas e media de 1986, lembrades que atractivos eran? Que mágoa que non atoparan un médico estético e cunha consciencia sensata e un corazón acougado e virtuoso como a do noso artista tatuador.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hallan muerta a la artista viguesa Seila Esencia tras dos semanas desaparecida
- Una familia británica ofrece casi 69.000 euros al año por cuidar de su perro y vivir en su finca
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Recupera 400 euros perdidos en el Álvaro Cunqueiro tras ser localizada por las cámaras la persona que los cogió del suelo
- Vende 4 pisos en 2022 y exige que se los devuelvan porque ahora son más caros
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Comienza la invasión militar en Vigo: el Ejército comienza a instalar el campamento en As Travesas
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores